Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Policía Local de Gondomar só conta cun vehículo para patrulla e auxilio.

A Policía Local de Gondomar só conta cun vehículo para patrulla e auxilio.

Correo-e Imprimir PDF
policia-local

A Policía Local de Gondomar conta cun só vehículo para patrullar o concello. O rodado é alugado dende hai catro anos a unha empresa privada que cobra un monto preto aos mil euros mensuais. O coche debe ingresar con frecuencia ao taller para servizos de reparación e mantemento o que obriga aos funcionarios policiais a solicitar ao Servizo de Obras do Concello un vehículo que non conta coa infraestrutura necesaria , ou o que es máis grave a policía suspende a patrulla. A información foi aportada polo propio Xefe da Policía Local da Alcaldía Juan Francisco Ferreira, que tamén é o candidato a alcalde polo PSOE.

A flota de vehículos da Policía Local compleméntase con catro motos tipo escúter que segundo Ferreira non son adecuadas para servizos de auxilio. A dificultade de desprazamento nestas motos nas épocas de choivas e inverno é unha verdadeira complicación para os axentes. Ferreira recordou as dificultades que tiveron que afrontar os policías nas últimas tormentas en 2010 onde se recibiron chamadas dende distintas parroquias e só se contaba cun vehículo para realizar os auxilios.

Os gobernos do BNG e doTripartito non solucionaron o problema.

A falta de infraestruturas policiais e fundamentalmente de vehículos non é nova no concello. Hai vinte anos o municipio recibiu un vehículo da Xunta para a policía que logo foi recolocado para os servizos de obras. O mesmo aconteceu cun Citroën Xsara que chegou a Gondomar procedente da Xunta hai dez anos e logo foi transferido a Educación. Segundo informa Ferreira, durante o goberno do BNG o concelleiro Antón García decidiu non investir nun novo coche que a Xunta entregara ao concello porque tiña algúns gastos como os de matriculación. Ademais o aluguer do actual vehículo policial xa estaba en vixencia dende o final do último goberno popular en 2007.

O xerarca policial dixo que mentres outros concellos limítrofes como Tomiño, Tui, Nigrán o Baiona “reciben coche patrulla cada ano, asta o punto de case dispor de un por cada axente”, Gondomar “ tan só ten un, e de aluguer, polo que pagamos mil euros ao mes, o que nos daría para contratar dous auxiliares de policía local”.

Ferreira cree que isto se debe á mala xestión do Goberno tripartito e en especial do concelleiro José Carlos Cabaleiro (non adscrito, ex – PSOE) responsable do Servizo de Seguridade e Tráfico, que segundo o denunciante , “nin sequera sabe onde está á Academia Galega de Seguridade Pública. “ Juan Ferreira agrega que “Esa é a imaxe que dá o goberno tripartito tránsfuga de Gondomar, que nin a Xunta que é da mesma cor político quere saber nada deles. Gondomar non é respectado polas falcatruadas dos nosos gobernantes e pola desorganización que padece”.

Por último o candidato socialista afirma que “Os novos gobernantes nin se molestaron en pedirlle a Xunta un coche patrulla, total temos cartos de abondo, e que máis dá pagar 1000 euros o mes polo aluguer do que temos, si sae do peto de todos nos”.