Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O IES Auga da Laxe invita ás candidaturas de Gondomar a un coloquio onde presentar as súas propostas.

O IES Auga da Laxe invita ás candidaturas de Gondomar a un coloquio onde presentar as súas propostas.

Correo-e Imprimir PDF
candidatos_gondomar

O concello de Gondomar podería ter por primeira vez na súa campaña electoral a tódalas candidaturas sentadas nunha mesma mesa para debater. Para iso deberá prosperar unha iniciativa do Departamento de Filosofía do I.E.S. Auga da Laxe que convocou aos partidos políticos a expoñer as súas propostas de campaña o vindeiro xoves 19 de maio. O obxectivo é que os alumnos deste centro de ensino poidan logo da exposición de cada grupo facer preguntas aos candidatos presentes. A acto terá carácter aberto e poderán asistir ademais dos profesores, os pais e nais dos alumnos e calquera persoa que se achegue . A invitación foi formulada na tarde de onte a tódalas agrupacións partidarias que deberán confirmar a súa asistencia antes da noite do próximo mércores 18.

Os organizadores dan a posibilidade de que participe o cabeza de lista o calquera outro membro da mesma. O formato do acto respondería ás seguintes características: o candidato (ou quen represente á candidatura) dispoñería duns 5 minutos para presentar a súa proposta nestas eleccións municipais. A continuación, ata o remate do acto responderían ás preguntas que os alumnos do instituto lles fixeran. Como o acto será aberto, tras os alumnos poderían participar outras persoas presentes; se ben isto estará suxeito a que se esgotasen as cuestións formuladas polos alumnos e aínda se dispuxese de tempo. O Departamento, que aínda non adiantou os nomes dos moderadores, aseguroulle aos partidos que procurarán a maior equidade na asignación das preguntas aos asistentes.