Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Francisco Paco Ferreira invita aos seus opoñentes á alcaldía de Gondomar a debater publicamente.

Francisco Paco Ferreira invita aos seus opoñentes á alcaldía de Gondomar a debater publicamente.

Correo-e Imprimir PDF
paco

O candidato á alcaldía de Gondomar Juan Francisco "Paco" Ferreira, reclama un debate público onde poder contrapor programas electorais e proxectos políticos, así como analizar a problemática actual e futura "diante dos veciños de Gondomar".

Ferreira cree, que os veciños de Gondomar deben contar coa oportunidade de poder coñecer as ideas contrapostas dos distintos candidatos, así como a opinión detallada de determinadas actuacións de ámbito municipal talles como: O novo PXOM, o Plan Sectorial da Pasaxe, o emprego, as políticas sociais, mocidade, etc.

Ferreira anuncia unha xestión persoal "con cada un dos candidatos para que a próxima semana e antes do peche de campaña se leve a cabo o mesmo."