Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nace o CDL - Gondomar con 22 membros da xestora local e máis a maioría do grupo municipal do PP.

Nace o CDL - Gondomar con 22 membros da xestora local e máis a maioría do grupo municipal do PP.

Correo-e Imprimir PDF
CDL Gondomar, Natalia Salgueiro, Mercedes González, Eladio Bargiela, Orencio Rodríguez, José Ignacio Troncoso e José
Centro Democrático Liberal Gondomar
Concelleira Natalia Salgueiro
Eladio Bargiela actuou como portavoz de CDL Gondomar.
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Mirar a fotografía que acompaña este artigo pode chamar a confusión. A presenza de recoñecidos militantes e concelleiros populares pode inducir a pensar que trátase dunha nova do partido que lideran Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán. Non é así. Trátase da confirmación dun feito que levaba meses sendo un secreto a voces: hai un cisma no Partido Popular de Gondomar. Hoxe pola mañá 22 membros da xestora local dos populares de Gondomar presentaron a súa renuncia indeclinable ao PP en Pontevedra. Unhas horas despois anunciaban no Centro Neural o nacemento oficial do partido Centro Democrático Liberal de Gondomar. Nunha carreira contra reloxo a nova agrupación nomeará unha xunta xestora para despois dar oficialmente a lista de candidatos a concelleiros a que ten como única postulante a alcaldesa á portavoz do PP Natalia Salgueiro.

A ruptura co Partido Popular é consecuencia dunha falla "de democracia interna" no funcionamento , na que se amosou "en no respetar la voluntad de las parroquias", informou Eladio Bargiela, ex presidente local do PP e secretario persoal do alcalde Martín Urgal. As manifestacións de Bargiela facían alusión á forma en que segundo eles se traballou a conformación da lista do PP que encabeza Fernando Guitián. Tamén manifestaron os actuais membros de CDL, que sentiron que non foi debidamente valorado o traballo desenvolvido pola xestora local como polo actual grupo municipal neste últimos anos.

Por outra banda, os ex populares manifestaron que non van renunciar as súas actas de concelleiros, no entendido que teñen un compromiso persoal asumido cos veciños que pensan cumprir ata o final da lexislatura. Tampouco solicitarán a declaración de concelleiros non adscritos por razoes de tempo, xa que o que falla deste período non permitiría esgotar as instancias que a devandita declaración require.

Eladio Bargiela destacou que o CDL ten unha ideoloxía que fai da persoa o centro da política, e da democracia interna a súa pegada en canto á forma de traballar. O grupo xa mantivo unha reunión con máis de 70 militantes o martes pasado, o mesmo día no que foi publicado por Valminor.info a confirmación da existencia de CDL Gondomar, a través dunha pescuda nos blogs que dirixía Eladio Bargiela. Nesa oportunidade a entón portavoz municipal do PP, Natalia Salguiero, recoñecía a súa candidatura a alcaldesa pola nova formación.

A partir de hoxe os veciños de Gondomar deberán comezar a identificar a históricos militantes do PP como Orencio Rodríguez González ou José Antonio Rodríguez ("Caña") baixo as verdes cores do CDL. O mesmo ocorrerá na corporación municipal có secretario Eladio Bargiela, a 2ª Tenente de alcalde Natalia Salgueiro, o concelleiro de Cultura Ignacio Troncoso, e María Elena Oliveira.

A todo isto a CDL Gondomar xa pasará á historia polo seu explosivo crecemento pois nun día pasou de ter 6 afiliados históricos na Parroquia de Couso, a acadar o ingreso masivo dos ex populares.

 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site