Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os escindidos do PP Gondomar manteñen oficialmente unha dobre militancia. Bargiela baixa os seus blogs.

Os escindidos do PP Gondomar manteñen oficialmente unha dobre militancia. Bargiela baixa os seus blogs.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar sigue a vivir unha situación política paradoxal. A non oficialización do cisma no PP local fixo que durante este martes 12 e o mércores 13 de abril, a concelleira de goberno Natalia Salgueiro fora ao mesmo tempo a portavoz do PP no Concello á vez que  candidata a alcaldesa no mesmo municipio pero polo partido Centro Democrático Liberal (CDL). E se de paradoxos se trata, débese agregar que durante esas xornadas o presidente da Xestora do PP Gondomar, Eladio Bargiela traballou na confección dunha lista para CDL co obxectivo de gañarlle votos ao partido que oficialmente preside. Por si todo isto necesitaba un punto máis de confusión, para o candidato Fernando Guitián oficialmente e de momento para o PP non cambiou nada e polo tanto Salgueiro e Bargiela mantén os seus cargos .

Natalia Salgueiro que na tarde do martes confirmara a súa candidatura por CDL,  lembra que o PP xa ten a súa renuncia asinada. De feito ese foi o paso previo que tivo que dar para concretar a moción de censura  promovida polos populares contra o alcalde nacionalista Xosé Antón Araúxo en xullo de 2009. Consultada sobre si ía informar a Guitián da súa decisión, a concelleira respondeu que de ter que comunicar algo o fará a nivel provincial. Con respecto a súa permanencia como portavoz municipal do PP, Salgueiro baseou a falla de comunicación oficial ao concello no pouco tempo que queda para rematar a lexislatura: "Este cambio no se resuelve en un mes o sea que no estaría pronto antes de las elecciones", afirmou.  A pesar que Salgueiro comentou que estaba a consultar coa Secretaria Municipal se efectivamente daban os tempos para facer o cambio, non adiantou a data na que o fará.

A noite do martes pasado a CDL Gondomar recibiu a visita dunha delegación de dirixentes provinciais do partido, na que se atopaba José Palacín, candidato a alcalde do CDL para Vigo. O devandito encontro permitiu aclarar temas relativos a nova formación e seu funcionamento. Salgueiro informou que os representantes provincias destacaron o valor estratéxico desta formación gondomareña, a que está "animando" a outras a seguir un proceso similar como nos caso de Tomiño e Tui.

Os blogs de Eladios Bargiela foron dados de baixa.

Tanto o blog Voces populares que foi o instrumento de comunicación da Xestora Local do PP Gondomar presidida por Eladio Bargiela, como o portal en construción do CDL, foron dados de baixa nas últimas horas. Ambos os dous medios eran dirixidos por Bargiela.  Na web oficial do partido CDL xa está preparado o espazo para Gondomar, máis aínda non rexistra contidos propios.