Mércores, 12 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Cultura Catro intrépidas formigas abren a nova edición do Culturgal 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Catro intrépidas formigas abren a nova edición do Culturgal 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
pere andres amega

A colección Formig4s (Xerais) de Pere Tabaruela e Andrés Meixide abriu o programa 2015 do Culturgal. Medio centenar de cativos dos colexios Xunqueira e Vidal Portela gozaron dunha animada conversa cos autores no espazo reservado para centros escolares do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Mesturando xogos e faladoiros, os autores anunciaron una próxima aventura en Tokio, a que continuará esta colección que xa recolle episodios das intrépidas formigas en Paris (2014), Nova York (2014) e Barcelona (2015). 

Rodeado de rapazas e rapaces Pere coordinaba unha longa fileira de voluntarios que desexaban acompañar a Andrés no debuxo das bravas FORMOS4, FORX4N, FORNL4 e FORM4AIL, as heroes da zaga. “Temos moita sorte co noso público”, salientaba Pere Tabaruela ao finalizar a presentación.