Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Medios en galego reivindican o dereito a informar en igualdade de condicións que os medios en castelán.

Medios en galego reivindican o dereito a informar en igualdade de condicións que os medios en castelán.

Correo-e Imprimir PDF
mesa

Os medios en galego reclaman unha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación. Esixen o respecto á lingua do país como vehículo informativo e o cese inmediato da entrega de subvencións por “presunta promoción da lingua galega” ás empresas mediatas monolingües en castelán.

Xornalistas de Que Pasa Na Costa, Galicia Confidencial, Son Radio Fusión e Valminor.info compartiron unha mesa de intercambio que afondou nestes temas no transcurso da feira das industrias culturais galegas CULTURGAL, que se está a celebrar até o vindeiro domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 “Canto máis audiencias menos axudas”.

Lembraron que a proposta de modificación da lei de publicidade institucional presentada por AMEGA ao Parlamento de Galicia leva máis dun ano nos caixóns. Inda o apoio explícito ao proxecto por parte de AGE e o BNG, o restos das forzas políticas non deron ningún paso para avanzar no punto. “Canta máis audiencias rexistran os nosos medios menos disposición parecen ter en achegar axudas e incluírnos no reparto publicitario”, asegurouse nesta mesa retransmitida por todos os medios de AMEGA en directo dende a feira.

Reclamaron tamén unha política de investimentos para o conxunto das industrias culturais de Galicia. Un sector que aseguraron, foi dos máis afectados pola crise e os recortes das administracións públicas, cun efecto desbastador na produción cultural e as fontes de traballo.

A mesa finalizou cunha reafirmación dos medios implicados en AMEGA na defensa da lingua do país e do dereito a informar en igualdade de condicións que os medios monolingües en castelán.