Xoves, 16 Aug. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Cultura A Mesa pola Normalización Lingüística presenta “Abecedarios”, obra didáctica para os máis cativos.

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta “Abecedarios”, obra didáctica para os máis cativos.

Correo-e Imprimir PDF
mesa-galego

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o proxecto de vocabulario infantil Abecedario, unha nova colección de libros para nenos que procura fornecer o uso da lingua do país nos máis cativos. Aves é o título do número presentado no Pazo da Cultura de Pontevedra o pasado venres. O proxecto é complementado con cancións e vídeos que poden descargarse da web da asociación.


" A Mesa é a asociación cultural máis grande de Galicia e parecíanos importante estar presentes no Culturgal", sinalou Mónica Poza, entrevistada no posto de AMEGA instalada no Culturgal.
Lembrou que lamentablemente "a situación cada vez é peor porque moitas institucións en vez de apoiar e promover o uso do galego son as que están atacando a nosa lingua. A exclúen, só comunican en castelán obrigando á mesa a estar en permanente vixilancia para facerlles recordar que deben facelo tamén na lingua do pais".
Fixo fincapé no xeito de que esta tarefa "é voluntaria, feita por ducias de socias e socios en todo o país. Non só con esa tarefa vixiante, tamén con eventos, faladoiros e o que faga falta para promover a lingua".