Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nova sesión de Contomar

Nova sesión de Contomar

Correo-e Imprimir PDF

Este luns o programa de promoción da lectura "Contomar" celebrará unha nova sesión de contacontos que levará por título "Cadaquén é como é" e estará dedicada á diversidade e a diferenza entre as persoas como elemento de riqueza. 

Contaranse historias como "As cores da miña pel", "Cal é a miña cor?", "Si, son gorda" ou o clásico "O patiño feo" co obxectivo de reforzar a idea de que cadaquén é como é e que sermos diferentes non é un problema senón unha riqueza. Haberá tamén poemas, cancións e a celebración dun novo "cumprecontos".

Luns, 12 de novembro, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar