Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Contomar ofrece este luns lecturas de Nadal con contos de días de Reis e historias dos Bolechas.

Contomar ofrece este luns lecturas de Nadal con contos de días de Reis e historias dos Bolechas.

Correo-e Imprimir PDF
osbolechasfamilia

A Biblioteca Municipal de Gondomar albergará outra tarde de contos e historias compartidas para cativos a partir dos 3 anos este luns ás 18 horas. O espazo Contomar, creado e animado pola Asociación Espazo Lectura, prepara varias lecturas para esta sesión do Nadal, entre elas o libro de Chema Heras, Cando Martiño tivo gañas de mexar na Noite de Reis. Tamén estarán presentes as historias dos Bolechas, de Pepe Carreiro, coa historia Os Bolechas van de pesca.