Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O regreso á escola será o tema da nova sesión de CONTOMAR este luns

O regreso á escola será o tema da nova sesión de CONTOMAR este luns

Correo-e Imprimir PDF
Anterio sesión de Contomar - Foto Fran Alonso
Logo do éxito do comezo da nova tempada das sesións de contacontos do programa CONTOMAR o pasado luns, que contou coa presenza de máis de 40 nenos e nenas, o próximo luns haberá unha nova sesión dedicada ao tema do regreso á escola, con contos como "O primeiro día de escola de TEO", "Iago vai á escola" ou "Mila vai á escola", historias que nos permitirán reflexionar cos nenos e nenas sobre o cambio de hábitos que supón a fin do verán e o comezo das clases. 

Ademais, incluiranse outras historias como "A viaxe das bolboretas", "As fabas máxicas" ou "Os tres porquiños".

O proxecto de promoción da lectura CONTOMAR á unha iniciativa da Asociación de Nais e Pais "As Pontes", do CRA Antía Cal (Gondomar), e abrir un espazo para o encontro dos nenos e nenas cos contos e cos libros e fomentar nas familias o uso da biblioteca pública.

O acto celebrarase este luns, 22 de outubro, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar