Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira nocturna do IEM pola Estación Rupestre de Agua da Laxe (Vincios - Gondomar).

Xeira nocturna do IEM pola Estación Rupestre de Agua da Laxe (Vincios - Gondomar).

Correo-e Imprimir PDF

noite-agua-da-laxe- Mércores 8 de agosto. Punto de encontro ás 22 horas na sede do IEM (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar)

 

O Instituto de Estudos Miñoranos convida a participar dunha Xeira nocturna pola Estación de Arte Rupestre Agua da Laxe, localizada na Serra do Galiñeiro, na parroquia de Vincios (Gondomar). A visita se complementará cun percorrido polas mámoas (necrópole neolíticas) da Chan das Moutas (Morgadáns) para rematar no conxunto de armas d'A Pedra das Procesións (Vincios). A guía do percorrido estará a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar.

a-pedra-das-procesions-edit

En Chan das Moutas visitaranse os restos do que fora un cemiterio ou necrópole, nun lugar de enterramento de hai 4500 a 6000 anos nos períodos neolítico e calcolítico.

Posteriormente, chegarase á entrada da Estación de Agua da Laxe, localizada por riba dos 400 metros sobre o nivel do mar, no Galiñeiro. Lugar que permitirá apreciar estupendas vistas do Val Miñor e a Ría de Vigo así como un dos espazos con máis historia da zona: O curro do Galiñeiro.

Finalmente os visitantes poderán percorrer a Estación Agua da Laxe, especialmente o lugar onde se atopa o maior panel de armas de Europa, na chamada A Pedra das Procesións.

Dado que parte do percorrido será nocturno se recomenda levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo e, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).