Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Novo ciclo de Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe

Novo ciclo de Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Varela, Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, iniciará os faladoiros o primeiro venres de outubro e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, poñeralle o ramo no mes de xuño.

Por sexto ano consecutivo o próximo venres cinco de outubro iniciarase un novo ciclo de faladoiros organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a xuño, e comezarán ás 20:30h. Tamén como de costume despois do acto público haberá unha cea coa persoa convidada á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 680 6444 90 ou no correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  

Este novo ciclo de Tertulias iniciarase o 5 de outubro coa presencia do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela que será presentado polo Avogado e profesor Da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo, Xaime Luxilde.

  • 2 novembro estará entre nós  a actriz e productora cinematográfica Mabel Rivera que será presentada polo músico e médico Antón Seoane.
  • A escritora, traductora e interprete, ademais de fundadora de Implicados/as no Desenvolvemento, María Reimóndez,  estará con nós o 14 de decembro e será presentada pola profesora e poeta, Marta Dacosta
  • O doutor Ángel Carracedo Álvarez, Catedrático de Medicina Legal da USC. Director do Instituto de Medicina Legal de Santiago visitaranos o 11 de xaneiro de 2008 e será presentado polo biólogo, profesor e concelleiro de Nigrán, Juan Hermida.
  • Será o primeiro de febreiro cando se achegue ata o Val Miñor o ex profesor da EUAT da Coruña e Arquitecto Técnico ademais de destacado activista a prol da cultura galega, Manuel Caamaño, quen será presentado pola Catedrática da Universidade de Vigo, Camiño Noia.
  • O arqueólogo e técnico de Xestión Cultural da Deputación da Coruña, Felipe Senén López Gómez compartirá faladoiro con nós o 7 de marzo e será presentado polo psicólogo e profesor Xilberte Manso.
  • O 4 de abril será o empresario Lorenzo López Vázquez, presidente de San Luís e do Padroado do CGAC quen comparta con nós as súas inquedanzas e será presentado polo director de Caixanova de Gondomar, Emilio García Crego.
  • En maio, o 9, será a quenda do músico e profesor Pepe Ferreirós que será presentado polo gaiteiro e profesor Iván Area.
  • Rematan os faladoiros coa participación de Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura que será presentado polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.