Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona perde a última bandeira azul por rexenerar a praia en pleno verán

Baiona perde a última bandeira azul por rexenerar a praia en pleno verán

Correo-e Imprimir PDF

As obras de rexeneración da praia Ribeira de Baiona provocaron a perda da bandeira azul que estes areais conseguiran esta tempada estival por primeira vez na súa historia.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) tomou onte esta decisión porque é incompatible que a costa luza este galardón mentres a maquinaria pesada está traballando preto dos bañistas.

Ver video TVG

O vicepresidente da entidade que concede as insignias, José Palacios, comunicou onte ás autoridades locais que esta medida ten un carácter temporal ata que o Concello volva garantir que a praia se atopa nunhas óptimas condicións. Pero terá que someterse a unha nova inspección dos técnicos de Adeac para recuperar a bandeira.

Continúa na Voz de Galicia

A túa opinión no foro de debate