Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Area Fofa, bandeira azul con "tropezóns"

Area Fofa, bandeira azul con "tropezóns"

Correo-e Imprimir PDF
Rampa de acceso en Area Fofa
Rampa de acceso en Area Fofa
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os bañistas da praia de Area Fofa en Nigrán, galardoada recentemente coa bandeira azul, quéixanse do estado precario que presenta as pasarelas de acceso ao areal.

Un bañista tropezaba onte caindo ao chan, por mor das láminas de madeira rotas e levantadas que presenta a pasarela e a rampa de acceso.

Logo de dous anos parar reparar o desprendemento do firme da estrada de acceso que bordea Monteferro dende a praia da Madorra, o areal nigranés non termina de estar adecuado para a súa actividade estival. e non foi sen tempo e avisos.

Pese a outorgarlle o distintivo de praia con "Bandera Azul" da fundación privada non gubernamental FEE, a praia incumpre algúns dos criterios polos que se concede este polémico galardón, entre eles o imperativo de que os accesos sexan "fáciles e seguros", segundo os criterios da propia Fundación. 

Parece que as concesións as citadas bandeiras non vai parello a unha previa revisión do estado das praias candidatas e ao cumprimento estricto do regulamento imposto pola propia fundación.

O concello izou a semán pasada as súas tres bandeiras azuis en presencia da superdelegada a Xunta de Galicia, María José Bravo Bosch. As premiadas foron Patos, Praia América e a cala da Area Fofa, quedando fóra os areais de Panxón e a Madorra. 

Esa mesma semán ,Area Fofa tamén foi motivo de críticas a raiz da instantánea da colocación da bandeira azul baixo a mirada atenta dos socorristas resguardados nun posto de salvamento improvisado. O concello comprometeouse a colocar a correspondente caseta no mesmo día, segundo sinala o Faro de Vigo, pero unha semana despois a situación segue sendo a mesma.