Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A ponte medieval de Sabarís, estragada polos accidentes e o abandono do concello.

A ponte medieval de Sabarís, estragada polos accidentes e o abandono do concello.

Correo-e Imprimir PDF
Os peitorís continúan tirados na marxe do río.
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte
A ponte vella de Sabarís, datada do século XV sufriu fai dúas semáns outro accidente que derrubou parte dos petrís que ainda quedaban en pé. Un conductor ebrio foi o causante deste novo estrago na ponte, onde o coche que conducía bateu contra un lateral da ponte e seguidamente empotruse de fronte co outro lateral, quedando o morro do coche pendurado da ponte.

Unha ruta alternativa á retirada do carnet 

Os veciños quéxianse do tránsito de coches que sufre esta carretera, sobre todo os fins de semán onde os conductores ebrios circulan a gran velocidade para evitar o dispositivo da Garda Civil para o control de alcolemia na rotonda de Sabarís.

Así mesmo aseguran que son moitos os camións e caravanas que intentan pasar por esta ponte de apenas dous metros de ancho, e que mesmo algúns teñen que sair marcha atrás porque tropezan cos petrís.

A ponte está precintada no seu lateraldende o último accidente pola policía local e as pedras continúan tiradas nas marxes do río, a expensas de poder ser roubadas. Os coches seguen circulando pola ponte pese ao perigo de derrube de máis sillares que están despegados.

Situación de abandono total

A ponte presenta unha situación de total abandono, sendo dos poucos vestixios civís do paso da antiga calzada romana e camiño real que discorría dende o casco vello de Baiona ata Tui, pasando pola ponte sobre o río Groba no mercado de Sabarís e que data do mesmo século.

Unha ponte que debería estar encaixada dentro do patrimonio que forma parte do século do descubremente do novo continente e pola que sen dúbida deberon transitar os irmáns Pinzón entre outras autoridades da época, non está nin tan siquera senalizada.

A sillería e petrís derrubados foron repostos polos servizos do concello, sen autorización e seguimento da consellería de patrimonio, única responsable e autorizada para este tipo de obras.

Na ponte se pode apreciar como os sillares solocados son pegados con cemento cola, e sen rigor histórico algún, nótandose cales son os sillares empastados polo concello, e as pedras colocadas orixinalmente.

Así mesmo os técnicos municipais concedéronse a licencia de repoñer con pedras non orixinais e que non imitan nin levan o mesmo acabado que o conxunto da ponte. 

Unha árbore sae do taxamar central, e está provocando o levantamento dos sillares pola acción das ramas e raices.

O arco central da ponte presenta unha pintada a spray e os arcos laterais están cheos de escombro e cemento, e mesmo un cartel das útlimas obras que pecharon o tráfico na ponte.

 

 O IEM pedirá depuración de responsabilidades e reposición da ponte, ante un novo ataque contra o patrimonio.

O departamento de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoráns estuda interpor unha deuncia ante a Consellería de cultura e Patrimonio da Xunta de Galicia para que se inicie un expediente e investiagción dos feitos e as actuacións levadas a cabo na ponte. O IEM non descarta levar o caso ante a fiscalía provincial de protección do patrimonio. 

Así mesmo solicitará ao concello de Baiona a prohibición da circulación de vehículos por esta ponte, dado que a peonilización non suporía ningún perxuizo para o acceso ás vivendas lindeiras.

O IEM considera inaceptable esta situación de total abandono que sufre o patrimonio no Val Miñor onde constantemente sufren ataques coa permisividade da administración local, como foi no caso dos xacementos prehistóricos destrozados en Camos cunha pista de autocros autorizada polo propio concello de Nigrán. Uns danos que na maioría dos casos son irreparables e supoñen unha nova perda da historia e valor da comarca.