A empresa construtora depositou fai tres meses estes materiais mesturados entre os cascallos co permiso da comunidade de montes, que adoita aproveitar os residuos de obras para reformar os accesos da zona forestal.
Pouco despois, uns senderistas con coñecementos de arqueoloxía localizaron os restos de xeito casual e denunciaron o caso ante a Consellería de Cultura, que mantén aberta unha investigación.
A pista forestal aínda continúa albergando restos arqueolóxicos. Un membro do Instituto de Estudos Miñoranos atopou fai unha semana un pedazo de dintel con motivos ornamentais que encaixa con outra peza similar localizada anteriormente.
O presidente da comunidade de montes de Bahíña, Antonio Mijón, afirmou onte que eles descoñecían que houbese vestixios doutra época mesturados entre os cascotes que recibiron para esparcir no carreiro.
Mostrou a súa preocupación por que estes achados poidan ofrecer pistas falsas sobre os primitivos poboadores do monte comunal nun momento no que estudan un proxecto para a revalorización patrimonial da contorna.
Continúa na Voz de Galicia