Colocar un mando a distancia para a ventá do despacho do presidente da Xunta custou 170 mil euros en 2008. Cada minuto da visita de Bieito XVI levou 6.450 euros das arcas autonómicas, uns 3 millóns en total. Descorrer o veo de 250.000 anos de historia galega custa 3000 euros.
Val Miñor
Galicia a 3000 euros da súa prehistoria.
Galiza co Galego denuncia incumprimento da Xunta e o goberno de España co ensino en galego.
A Comisión Galiza co Galego denuncia a Xunta de Galicia e tamén ao goberno de España por incumprir "os dereitos humanos e os dereitos da infancia, impedindo que a educación infantil de feito poida ser realizada en galego". Nun comunicado asinado por Francisco López en nome da Comisión e dirixido á cidadanía do país, "de Europa e do mundo", e motivado polo próximo Día do Ensino (7 de decembro), a Comisión afirma que " Os poderes políticos impiden que as familias eduquen e aprendan a lingua galega, lingua propia ou escollida na súa contorna natural no seu País: Galicia ou Galiza."
Sanidade convoca ao II Concurso de Curtometraxes sobrea doazón e os transplantes.
Poderán participar no mesmo os alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de todos os centros educativos.
Esta iniciativa, que a organiza a Oficina de Coordinación de Transplantes do Servizo Galego de Saúde en colaboración coa Consellería de Educación, ten como obxectivo achegar á poboación escolar da nosa Comunidade Autónoma a concienciación da doazón.
A formación dirixida a escolares permite dotar do coñecemento preciso na materia a cidadáns que se atopan nunha idade, dende o punto de vista intelectual e social, moi receptiva, que lles permitirá tomar unha decisión propia ao respecto.
Avelaiña retoma o Programa de Escola de Familia no Val Miñor
A Asociación de Axuda as Persoas con Problemas De Saúde Mental Avelaiña comunica que retomará o 14 de decembro, o Programa de Escola de Familias no seu Centro do Val Miñor, situado en Gondomar. Entre os obxectivos deste programa está "o de servir como apoio e comprensión a aqueles que comparten unha mesma carga: a de convivir coa enfermidade mental, para poder afrontala acompañados e aprender entre todos, a desenvolver condutas e actitudes máis positivas cara á súa realidade cotiá."
A Xunta achega o proxecto de decreto de constitución da área metropolitana de Vigo
A Dirección Xeral de Administración Local enviou o proxecto de decreto de constitución da área metropolitana de Vigo aos 14 concellos implicados, á Deputación de Pontevedra, á Administración Xeral do Estado -a través da delegación do Goberno en Galicia-, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a diversos colectivos veciñais e económicos.
Faleceu Francisco Ferández del Riego.
Faleceu na cidade de Vigo Francisco Fernández del Riego aos 97 anos. Fillo adoptivo de Nigrán, este intelectual galeguista foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director da revista Grial. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós. Ingresou en 1960 na Real Academia Galega e en 1997 a presidiu.
A cidade de Tui recibe a V Xornada sobre a represión franquista no Baixo Miño

As xornadas comezan o xoves 18 cunha homenaxe a Xulia Suárez Martínez, loitadora social, galeguista e defensora dos dereitos da muller, fundadora da Comisión cidadá pola verdade do 36. De seguido , o investigador Miguel Barros presentará o tema "A oposición non nacionalista en Galicia".
O IGADI analizará en Baiona a súa estratexia 2011-2016
Baixo o lema Estratexia 2011-2016: ideas na encrucillada da crise, o próximo sábado 6 de novembro de 2010 reunirase en Baiona, no Parador Conde de Gondomar, o Consello Reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI . Nesta xuntanza, o IGADI realizará un balance de actividades e concretará as liñas de traballo para o próximo lustro.
Co horizonte do seu 25º aniversario, o Consello Reitor abordará aspectos de importancia contextualizados no actual panorama de crise económica, con especial atención cara a plena institucionalización física e orgánica da entidade; a mellora das súas capacidades nos eidos de estudo e actividades; a cooperación internacional ao desenvolvemento; a acción exterior de Galicia; e a análise política e estratéxica rexional e mundial.
O plan de Vivenda prevé construír 1950 vivendas en Nigrán e 203 en Gondomar
O novo plan sectorial de vivenda pública proposto pola Consellería de Vivenda prevé a construcción de 1950 vivendas en Nigrán e 203 en Gondomar. A primeira actuación terá lugar na finca da Rabaleira na Ramallosa.
Intervención pública no mercado para controlar os prezos e facilitar o acceso das familias a unha vivenda. Ese é o obxectivo que persegue a Xunta coa posta en marcha do Plan Sectorial de Vivenda Protexida na Área Funcional de Vigo, que prevé construír en cinco anos 12.155 pisos a prezos limitados no sur da provincia. Máis da metade, 7.500, edificaranse na cidade olívica, e a este primeiro grupo sumaranse outros 1.875 ata o ano 2017, data de conclusión dun ambicioso programa que nos próximos oito anos pretende urbanizar no municipio 1,5 millóns de metros cadrados de chan e poñer no mercado 9.375 inmuebles a prezos limitados.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL