Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A fiscalía ordenou o arquivo de dilixencias pola desfeita arqueolóxica en Burgueira, Oia.

Correo-e Imprimir PDF
O petróglifo da Mouta en Oia logo da desfeita. Imaxe: Xilberte Manso

A fiscal Natividade Gurriarán Fernández ordenou o arquivo das dilixencias á empresa Kiwi Atlántico Fincas S.L. e mais ao goberno de Oia no entendido que non hai delito “contra la ordenación del territorio”, nin cabe o “delito de daños contra el patrimonio histórico” nin trátase dun caso de desobediencia da autoridade municipal no caso da plantación de kiwis que segundo denuncia do SEPRONA destruíu un grupo de petróglifos e provocou graves danos nun xacemento arqueolóxico romano na parroquia de Burgueira, Oia.

VALMINOR.INFO 3.0 - Estamos en contínuo movemento e precisamos da túa colaboración

Correo-e Imprimir PDF

Estimado lector/a:

O motivo desta nota é informarte do comezo dunha nova etapa en valminor.info da que gostaría que formases parte activa.
No verán do 2002 valminor.info iniciou a súa actividade en internet buscando ser un punto de referencia, información e de encontro sobre a actualidade e información do Val Miñor.

Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez é o novo Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Conde_de_gondomarGonzalo Fernández de Córdoba y Narváez é oficialmente dende esta semana o novo Conde de Gondomar. A orde xudicial 3481/2010 do 22 de decembro manda expedir "sin perjuicio de tercero de mejor derecho", a Real Carta de Sucesión no título de Conde de Gondomar, de conformidade ao Real Decreto do 27 de maio de 1912.

Feliz Aninovo !

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1

Reciban os nosos mellores desexos para este ano que comeza.

O equipo de Valminor.info

O Club Marítimo Marisma da Ramallosa pasou a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

convenio_iem_cmmrTras varios anos de colaboración en diversas actividades entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa (CMMR) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a directiva do Club e a Xunta de Goberno do IEM acordaron a integración das dúas asociacións, polo que a partir do convenio que se asinou onte luns, 20 de decembro na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", o CMMR pasou a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do IEM.

O luns fírmase o convenio de integracións entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa e o IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Tras varios anos de colaboración en diversas actividades entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa (CMMR) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a directiva do Club e a Xunta de Goberno do IEM acordaron a integración das dúas asociacións. A partir do convenio que se asinará o próximo luns, 20 de decembro, ás 20:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o CMMR pasará a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do Instituto de Estudos Miñoranos.

Aula_Ponte_de_Rosas_004O convenio de colaboración sinala que “En función da súa natureza e obxectivos, ambas entidades coinciden en desempeñar un papel de importancia en fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorán, así como o coñecemento e o estudo do medio mariño en xeral, a través de actividades de investigación, divulgación e calquera outra que favoreza o mantemento e conservación das nosas costas e mares, como un ben económico e cultural.”

O próximo martes 21 será presentado o proxecto de lei de creación da Área Metropolitana de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Luca_Morales_na_xuntanzaO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentará a institucións, colectivos e axentes sociais da cidade olívica e dos municipios da área de influencia de Vigo o proxecto de Lei de creación da Área Metropolitana de Vigo. Será o vindeiro martes e ao acto están invitados tamén os alcaldes dos 14 concellos que nun primeiro momento integrarán a futura entidade supramunicipal.

Concurso de presentacións electrónicas de Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

arbol-navidadCoa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das tecnoloxías da información e da comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas de Nadal.

A Xunta convoca aos estudantes de 4º de ESO e Bacharelato para o Parlamento Xove edición 2011.

Correo-e Imprimir PDF

parlamento_xoveA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén de ampliar a duración do ‘Parlamento Xove’ na súa edición de 2011 mediante a incorporación dunha fase clasificatoria de debates provinciais na que os dous equipos con mellores puntuacións pasarán á final.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL