Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Club Marítimo Marisma da Ramallosa pasou a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do IEM.

O Club Marítimo Marisma da Ramallosa pasou a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
convenio_iem_cmmr

Tras varios anos de colaboración en diversas actividades entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa (CMMR) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a directiva do Club e a Xunta de Goberno do IEM acordaron a integración das dúas asociacións, polo que a partir do convenio que se asinou onte luns, 20 de decembro na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", o CMMR pasou a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do IEM.

Como se sinala no convenio “En función da súa natureza e obxectivos, ambas entidades coinciden en desempeñar un papel de importancia en fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorán, así como o coñecemento e o estudo do medio mariño en xeral, a través de actividades de investigación, divulgación e calquera outra que favoreza o mantemento e conservación das nosas costas e mares, como un ben económico e cultural.”

Previa a lectura da acta por parte da secretaria do IEM Mila Chapela, Carlos Méixome, director do IEM e José Manuel Rodríguez Crespo polo CMMR asinaron o documento do devandito convenio. Logo, nun ton de camaradería falouse de futuros proxectos de intervencións da nova sección na recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo do Val Miñor. Ao remate cuns copos e uns petiscos celebrouse este acordo.