Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Prohibidos os fogos artificiais en Baiona, Gondomar e Nigrán por orde do Medio Rural ata novo aviso.

Correo-e Imprimir PDF

fuegos-artificiales.Medio Rural prohibe os fogos de artificio en toda Galicia ata que cambien as condicións climatolóxicas.

.A prohibición seguirá en vigor a partir de mañá venres e durante todo o verán naqueles concellos nos que o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) estea no nivel extremo, como é o caso dos concellos miñoranos de Baiona, Nigrán e Gondomar, polo que as autoridades municipais deben consultar diariamente este índice, para saber a que aterse.

.Tras comunicar esta circunstancia aos servizos provinciais de Defensa contra Incendios da Xunta, e aos efectos da dar a maior difusión posible a esta medida, a Consellería ven de notificar á Federación Galega de Municipios e Provincias esta suspensión.

A Xunta crea o Consello galego da representatividade das asociacións de autónomos .

Correo-e Imprimir PDF
Reunión do Consello da Xunta esta mañá en San Caetano.

.Trátase do paso previo á constitución do Consello galego do traballo autónomo

.Este órgano ocuparase de determinar a representatividade das asociacións profesionais de traballadores autónomos, a través dunha serie de criterios obxectivos fixados no decreto.

O Colexio de Arquitectos de Galicia demandou maior calidade na redaccións dos PXOM, á Xunta.

Correo-e Imprimir PDF
Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos na xuntanza có conselleiro Agustín Hernandez.

.Reforma da Lei do Solo, axilidade e máis calidade dos Plan Xeral de Ordenación Muncipal foron as demandas do Colexio de Arquitectos de Galicia á Xunta-

. O decano do Colexio de Arquitectos avogou por quitar "o planeamento da batalla política" entre partidos.

X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

veleroA vila mariñeira de Carril (Vilagarcía de Arousa), será a sede do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 3 de xullo de 2011. O Val Miñor estará representado polo Instituto de Estudos Miñoranos a través da súa Sección Marítima. O evento está organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial(FGCMF), da que forma parte o Instituto de Estudos Miñoranos.

A Lei de Xuventude creará un Instituto Galego para a formación continua en materia de mocidade

Correo-e Imprimir PDF
O director xeral de Xuventude e Voluntariado Ovidio Rodeiro durante a súa intervención

A primeira Lei de Xuventude de Galicia incluirá a creación do Instituto Galego de Xuventude como órgano técnico especializado, adscrito ao departamento competente, e que terá como misión a materialización dos principios de información á xente nova, formación continua en materia de mocidade e asesoramento técnico en políticas públicas de xuventude.

Salvemos Monteferro e Galiza Non Se Vende tramitan unha queixa ante o Valedor pola Lei de Montes

Correo-e Imprimir PDF

salvemos-monteferro - A rede de colectivos Galicia Non Se Vende (GNSV), da que participa a organización ecoloxista miñorana Salvemos Monteferro tramita unha queixa ante o Valedor do Pobo alertando dunha posible manipulación da opinión pública por parte da Consellería de Medio Rural e a Xunta de Galicia.

- Segundo GNSV, Medio Rural prometeu que o borrador da Lei de Montes sería traballado coa participación activa das forzas sociais, pero en realidade o que fixo é pasar xa á etapa de exposición pública para alegacións, previa á aprobación do documento.

O 061-Galicia asistiu a 82 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

Correo-e Imprimir PDF

UVI-SPRINTER-061-GALICIA.Desde as 15,00 horas do venres 17 de xuño ás 23,59 horas do domingo 19 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 89 chamadas por accidentes de tráfico.

.Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 82 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

Xabaril, lebres, raposos e outras especies estarán na mira dos cazadores a partir do 1 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

caza_p_r1_c1O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2011-2012.

A tempada ocupa o período comprendido entre o 1 de agosto de 2011 e o 31 de xullo do ano 2012.

Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares reclaman as súas linguas na base terminolóxica da UE.

Correo-e Imprimir PDF

.Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares reúnense para avanzar na cooperación en materia de política lingüística.

.Os catro gobernos autonómicos acordaron hoxe en Santiago de Compostela solicitar a inclusión do galego, do catalán e do eúscaro na base de datos terminolóxica da Unión Europea

.Así o decidiron na reunión da comisión de seguimento do protocolo de colaboración que manteñen en materia de política lingüística

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL