Circular por autopista entre os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar sen sufrir os constantes colapsos de tráfico do nó da Ramallosa será posible a finais de 2009, sempre que se cumpran os prazos de ejecución das obras previstos no proxecto. Autoestradas de Galicia, a empresa concesionaria da AG-57, iniciou os traballos de construción dos tan demandados enlaces en Sabarís, A Ramallosa, Nigrán e Porto do Molle.
Val Miñor
A comarca estará interconectada por autopista a finais de 2009
Un lume intencionado estivo a piques de arrasar unha vivenda unifamiliar no municipio de Oia
Volve a Oia o temor polo lume. Os veciños da parroquia de Santa María espertáronse onte con cheiro a queimado, cando na súa memoria aínda perduran os incendios que fai dous anos arrasaron a maior parte da superficie forestal deste municipio e puxeron varias vivendas en perigo.
As chamas localizáronse esta vez cerca do límite co municipio veciño do Rosal e chegaron a poucos metros da estrada da costa en dirección cara á Guarda.
Extinguido un incendio en Oia que se orixinou a 200 metros dunhas vivendas
Un incendio que se declarou esta pasada madrugada en Santa María de Oia (Pontevedra), a 200 metros dunhas vivendas, quedou extinguido á primeira hora da mañá.
Un portavoz do servizo de urxencias da Xunta informou de que os veciños alertaron da existencia do lume ás 5.20 horas da madrugada, e pouco despois axentes da Garda Civil desprazáronse ata o lugar
Gondomar e Nigrán abren as preinscricións para as galescolas
Os concellos de Nigrán e de Gondomar abren o vindeiro luns o prazo de preinscrición para matricular aos nenos de 0 a 3 anos nas súas respectivas garderías. En Nigrán, a concelleira de Benestar Social, Pilar Barreiro, informa que haberá unha persoa dedicada exclusivamente a atender todas as dúbidas ou demandas relacionadas coa tramitación. O lugar será na área de rexistro da planta baixa do Concello, desde as nove da mañá ata as dúas e media da tarde. O teléfono para contactar é o 986 35 50 00, extensión 243.
Concello e Xunta melloran o mercado de Gondomar
O Fondo Galego abre o prazo de inscripción de Vacacións con Traballo
A convocatoria está dirixida ao persoal dos concellos e das catro diputacións socias do Fondo .
Viaxar este verán a un país do Sur e implicarse nun proxecto de cooperación ao desenvolvemento nunha comunidade determinada pode ser, sen dúbida, unha alternativa diferente as vacacións convencionais.
O carril bici entre Vigo e A Ramallosa obrigará a expropiar máis de 400 leiras
Festa da bicicleta
Os concellos do Val Miñor organizan para o 17 de maio a edición número 20 da Festa dá Bicicleta. As saídas están previstas desde o pavillón de Nigrán e a praza de Gondomar ás once da mañá, mentres que ás dez e cuarto partirán os de Baiona desde o parque da Palma. O obxectivo é fomentar a práctica deportiva de todos os veciños, xa que non se pon límites para participar, unicamente ter máis de 7 anos e estar capacitado para facer dez quilómetros.
A Coordinadora de Festas alcanza as 10.000 firmas de apoio aos bingos sociais

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL