Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Gondomar e Nigrán abren as preinscricións para as galescolas

Gondomar e Nigrán abren as preinscricións para as galescolas

Correo-e Imprimir PDF

Os concellos de Nigrán e de Gondomar abren o vindeiro luns o prazo de preinscrición para matricular aos nenos de 0 a 3 anos nas súas respectivas garderías. En Nigrán, a concelleira de Benestar Social, Pilar Barreiro, informa que haberá unha persoa dedicada exclusivamente a atender todas as dúbidas ou demandas relacionadas coa tramitación. O lugar será na área de rexistro da planta baixa do Concello, desde as nove da mañá ata as dúas e media da tarde. O teléfono para contactar é o 986 35 50 00, extensión 243.

En Gondomar as familias interesadas poden recoller a instancia no Centro de Información á Muller, situado na planta baixa da Casa da Cultura. O horario é de nove da mañá a dúas da tarde e de tres e media a seis e media.

 

Continúa na Voz de Galicia