
O desenlace final sobre o servizo de emerxencias para o Val Miñor e a sorte dos 12 traballadores en conflito coa presidencia da Mancomunidade resolverase no próximo pleno da entidade a desenvolverse o vindeiro xoves 24 de marzo. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, que ocupa a presidencia da Mancomunidade, mantén a decisión de formar un equipo mixto composto de 6 funcionarios fixos complementado por voluntarios, ata tanto a administración provincial ou autonómica instale un parque de bombeiros na bisbarra. Pola súa banda, o BNG anunciou a súa oposición a soster un servizo con voluntarios e anunciou unha serie de charlas polas parroquias para informar sobre a situación que en materia de seguridade presenta nestes momentos o Val Miñor. Tamén o grupo de traballadores que se opón á solución de Almuíña mobilízase coa intención de acadar apoios de cara ás próximas instancias onde se debaterá o tema.