Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Espazo Lectura recibiu o recoñecemento dos editores galegos en Lugo e celebrou 5 anos de Contomar.

Espazo Lectura recibiu o recoñecemento dos editores galegos en Lugo e celebrou 5 anos de Contomar.

Correo-e Imprimir PDF
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura durante a gala dos Premios dos editores galegos en Lugo.

A Asociación miñorana Espazo Lectura recolleu en Lugo o Premio Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural 2010. A súa presidenta Conchas Costas participou da gala o pasado sábado 12 de marzo na que a Asociación Galega de Editores que como tódolos anos reuniu a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores.

Durante a gala , a presidenta de Espazo Lectura recolleu o Premio Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural 2010, galardón que o gremio de editores fixo público o mes de febreiro pasado. Concha Costas agradeceu a concesión deste premio, e dixo que pertence a moita xente que colabora desinteresadamente con Espazo Lectura, entre a que se atopan as 11 editoriais socias protectoras da asociación. Tamén dixo que o premio dá azos para continuar a traballar a prol do fomento da lectura e do libro galego e en galego.

A prestixiosa asociación miñorana tamén celebrou este luns 14 de marzo o 5º aniversario do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar.Unha data especial pois as exitosas sesións de contacontos semanais foron o xermolo do que hoxe é Espazo Lectura. Para celebralo, contouse coa presenza dunha convidada especial, a actriz e contacontos Raquel Queizás que narrou os seus “Contos do cestiño”, unha recompilación de contos populares e lendas para os máis pequenos.