O Val Miñor vivirá este sábado 8 de maio o tradicional curro da Valga. A actividade, tamén coñecida como “rapa das bestas” terá como contexto o estado de alarma xeral na que se atopan ás asociacións cabalares pola decisión da Xunta de Galicia de impoñer o uso obrigatorio dun chip identificatorio en cada cabalo ceibe. O costo deste elemento rolda os 40 euros, un valor desmedido para a rentabilidade que dan “as burras do monte”, en xeral conservadas polo seu valor lúdico e cultural. Distintas asociacións vinculadas aos cabalos e a defensa do patrimonio cultural galego preparan actividades de protesta e sensibilización a desenvolver durante o curro. Entre elas a asociación miñorana SOS Groba ha preparado unha cartilla na que expresa o seu apoio aos propietarios dos cabalos e aos curros. Reivindicando o seu valor como patrimonio cultural, a asociación manifesta que “as burras do monte xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.”
Val Miñor
O curro da Valga celébrase en medio das protestas pola implantación obrigatoria dos microchips.
Medio Rural presenta o Plan Director da Rede Natura 2000 no Parlamento Galego.
Medio Rural, a través do seu responsable Samuel Juárez presentou ante o parlamento galego o Plan Director da Rede Natura 2000, a través do cal a Xunta intenta adecuar a normativa europea a xestión desta rede. Segundo o manifestado o pasado martes, con este plan se intenta “dotar ao conxunto de espazos dun instrumento de planificación, ordenación e xestión que asegure a conservación dos valores naturais e que ao mesmo tempo compatibilice esa conservación co desenvolvemento social e económico das bisbarras nos que se asentan estes espazos e dos seus habitantes.”
A Consellería de Educación abre o prazo para os centros de ensino que desexen sumarse ao proxecto Abalar.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abrirá nos vindeiros días o prazo para que os centros educativos sostidos con fondos públicos soliciten a súa participación no Proxecto ABALAR para o próximo curso 2011/2012. Así, está previsto que sexan arredor de 40 centros os que se sumen o vindeiro curso ao proxecto, xa que cómpre destacar que os centros que xa están a participar no ABALAR neste curso non precisan solicitalo de novo, senón que continúan dentro do proxecto. O obxectivo é que no novo curso o ABALAR beneficie a máis de 31.500 alumnas e alumnos, ao ampliarse dos actuais cursos de 5º de primaria e 1º da ESO a 6º de Primaria e 2º da ESO. Deste xeito está previsto que a estratexia de integracións das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) chegue a arredor de 1.500 aulas duns 340 centros educativos.
O descubrimento dunha cova con achados milenarios será amosada pola Plataforma do Galiñeiro.
O vindeiro sábado, 9 de abril as 19:00 horas no Antigo Convento de Santo Domingo, rúa Antero Rubín, en Tui se celebrará a conferencia " Xeopatrimonio da Serra do Galiñeiro - Monte Aloia" dirixida polo Clube Expeleolóxico Maúxo e o Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal. A conferencia constará de dúas partes, na primeira o tema a desenvolver será a " Orixe xeolóxica", que correrá a cargo do especialista Juán Ramón Vidal Romaní, Catedrático de Xeoloxía da Universidade de A Coruña . Posteriormente o presidente do Clube Espeleolóxico Maúxo, Marcos Vaqueiro Rodríguez presentará o tema "As Covas: Tesouros xeolóxicos baixoterreños inéditos" .
Reunión dos municipios galegos do Camiño Portugués pola Costa.
Os municipios galegos do Camiño Portugués pola Costa decidiron solicitar a sinalización do tramo galego e unha reunión coa xestora encargada coa intención de discutir outras iniciativas que permitan impulsar a ruta. A xuntanza celebrouse o pasado venres 1 de abril no Salón de Plenos do Concello de A Guarda. Participaron técnicos e representantes das administración municipais galegas involucradas para informar das conclusións extraídas dunha reunión previa cos municipios portugueses onde transcorre o camiño. No encontro informouse da dispoñibilidade dun novo albergue para peregrinos en A Guarda con capacidade para 36 prazas.
Debates post morten do GRUMIR sobre o futuro carácter público ou privado do servizo.

A decisión de disolver o GRUMIR aínda non deixou de resoar nos plenos das distintas corporacións miñoranas. De feito a pesar de que a Mancomunidade do Val Miñor xa firmou o "finiquito" do servizo de emerxencia, os grupos municipais presentaron mocións e seguiron debatendo a prol "dunha solución ao tema" nos derradeiros plenos do mércores e xoves en Nigrán e Gondomar respectivamente. Un debate cualificado "como inútil" por algúns concelleiros que admitían que os faladoiros "cheiraban a discurso pre electoral". Pero isto non foi o que máis chamou a atención destes debates "post morten". O incrible foi que as posturas dos grupos municipais presentaban matices que omitían ou agregaban contidos respecto ao amosado no debate da mancomunidade.
Concentración pacífica contra o peche de Televigo no MARCO (Vigo), mércores 30 ás 20h.

Sinatura de convenios entre a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos

Un convenio marco de colaboración e dous específicos relativos ás areas de Arqueoloxía - Historia Antiga e mais Microtoponimia - Talsonimia foron asinados hoxe entre a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos.
O Pleno da Mancomunidade ratificou os despidos do GRUMIR e a súa transformación.
O Pleno da Mancomunidade do Val Miñor votou por maioría o despido dos doce traballadores do GRUMIR e a formación dun equipo mixto de contratados e voluntarios que cumprirá as funcións de prevencións e auxilio ata a concreción dun parque de bombeiros na bisbarra. A moción tamén inclúe a realización urxente dun conxunto de xestións ante a Xunta de Galicia e mais a Deputación de Pontevedra na procura dunha solución definitiva ao tema. O debate foi intenso e contou coa achega de aplausos e desaprobación do público que encheu o Salón de Plenos do Concello de Baiona. Os concelleiros Xosé Enrique Fernández (BNG-Baiona), Fátima Rodríguez (BNG-Gondomar), Teresa Pérez (PSOE-Baiona) e mais Charo Valverde (UCN-Nigrán), votaron en contra do despido dos traballadores.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL