Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Concentración pacífica contra o peche de Televigo no MARCO (Vigo), mércores 30 ás 20h.

Concentración pacífica contra o peche de Televigo no MARCO (Vigo), mércores 30 ás 20h.

Correo-e Imprimir PDF
telvigo
A dirección e os traballadores de Televigo convocan a unha concentración pacífica en oposición ao intento de peche da sinal por parte da Xunta de Galicia. A cita é para mañá mércores 30 de marzo nas portas do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), na Rúa Príncipe de Vigo. Propiedade de Tranvías Eléctricos de Vigo, o seu director Roberto Fontán, está a desenvolver unha campaña de denuncia na que acusa ao goberno de Núñez Feijóo de intentar pechar a sinal por razoes electorais. A sinal de Televigo deixouse de transmitir no Val Miñor por decisión de RETEGAL, administradora do repetidor instalado na parroquia de Donas (Gondomar). Televigo transmitía na bisbarra pola canle 43 da TDT, agora utilizada pola sinal Marca TV.