Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O resultado das eleccións municipais no Val Miñor a debate hoxe en VIA TV

Correo-e Imprimir PDF
Eleccions Municipais 2011O compañeiro Álvaro Peralta compartirá mesa hoxe ás 22h no debate televisado sobre o resultados das eleccións municipais. O debate que terá lugar no plató de VIA TV e que será tamén emitido en directo por internet,contará coa participación de Gabino Porto por Condado-Paradanta, Carmen María García Braga por Baixo Miño e Antonio Paredes polo Morrazo. O programa que durará 1 hora, analizará os resultados electorais por comarcas e exporá os puntos sobre resultados, posibles pactos, as relacións entre forzas políticas, os acertos e erros durante esta campaña, etc...

Eleccións municipais no Val Miñor: o PP é maioría absoluta na bisbarra e as mulleres "mandan" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

urnasOs números  son azuis na bisbarra do Val Miñor.

Das 51 prazas de concelleiros en xogo na comarca do Val Miñor, 26 foron obtidas polo Partido Popular. Nos concellos de Baiona e Nigrán, os populares acadaron a maioría absoluta, con 10 e 9 edís respectivamente; Gondomar sen achegarse a esas cifras igualmente foi maioría con 7 concelleiros. Os nomes de Jesús Vázquez Almuíña en Baiona, e o de Alberto Valverde en Nigrán xa se asocian co do futuro alcalde. En Gondomar practicamente a única dúbida é si Fernando Guitián asumirá como maior minoría o baixo algunha alianza que lle asegure dende o comezo a maioría absoluta. A Entidade Local Menor de Morgadáns completa o cadro de corporacións que renovaron integrantes o pasado domingo, tamén aquí o PP foi maioría e Urbano Esmerode Domínguez volverá a exercer a presidencia da Xunta Veciñal.

As candidaturas do Partido Popular na comarca miñorán.

O Monte Aloia queda fóra das actividades da Xunta na celebración do Día Europeo dos Parques Naturais.

Correo-e Imprimir PDF

monte_aloiaO Monte Aloia será o único espazo natural da Rede de Parques de Galicia que non estará contemplado nas actividades programadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural con motivo da celebración o vindeiro martes 24 de maio, do Día Europeo dos Parques Naturais. A meirande parte das actividades que se organizan este ano no resto dos parques, están orientadas cara ao público infantil, “coa fin de darlles a coñecer a riqueza natural da nosa Comunidade Autónoma e conciencialos sobre a importancia da súa protección e conservación, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social”, segundo informa a Consellería.

A consellaría do Mar anuncia a veda do polbo dende o vindeiro venres 27 ata o 4 de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

polboA veda do polbo comezará o vindeiro venres 27 de maio e estenderase ata o 4 de xullo. Así o recolle a resolución do 6 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, da Consellería do Mar, pola que se establece o período de veda para o polbo para o ano 2011. O texto plasma que as nasas de polbo deberán ser levantadas e levadas a porto o venres 27 de maio ás 16:00 horas da tarde e non poderán volver a calarse ata as 6:00 horas da mañá do luns 4 de xullo.

Despiste lingüístico no perfil oficial da Xunta de Galicia en Facebook no Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

lois_pereiro_b_y_nA chegada do Día da Letras Galegas espertou en diversos medios oficiais o interese en publicar e difundir a obra e vida do poeta homenaxeado nesta edición 2011, Lois Pereiro.  A Xunta de Galicia, ademais, emitiu unha declaración institucional sobre o punto, divulgada nesta xornada por Valminor.info. O perfil oficial do goberno autonómico na rede Facebook quixo tamén achegar unha biografía do autor para aqueles que non o coñecían o quixeran afondar na súa información. Para iso colocouse un enlace ao capítulo que sobre Lois Pereiro ten aloxada a web Wikipedia, pero non se tomou en conta que a devandita ligazón remite a versión en castelán e non á  galega. Entre outros trastornos, a poesía aparece traducida ao castelán, e pode lerse : “Escupidme encima cuando paséis por delante del lugar donde yo repose, enviándome un húmedo mensaje de vida y de furia necesaria”, a cambio da orixinal “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.”

A situación dos cabalo ceibes foi informada nunha reunión dos propietarios coa eurodeputada Ana Miranda.

Correo-e Imprimir PDF

xuntanza-ana-miranda-cabalosO custo dos microchips que de forma obrigatoria terán que colocar os propietarios de burras de monte, segundo a nova normativa da Xunta de Galicia, roldan entre os 40 ou 50 euros. No último curro celebrado no Val Miñor a mellor egua vendeuse a 50€ e o máis prometedor dos poldros a 40€. O resto estivo por debaixo deses números, e por riba, 30 dos 200 exemplares que entraron ao curro remataron enchendo camións cara a Portugal e Valencia. A situación foi denunciada polos propietarios de gando equino do Val Miñor nunha xuntanza que mantiveron este mediodía coa eurodeputada Ana Miranda, no Centro Cultural de Baíña, a iniciativa da asociación ecoloxista SOS Groba e á que concorreron representantes das agrupacións nacionalistas de Baiona, Gondomar, Nigrán e Oia.

A Consellería do Mar publica as datas dos exames ordinarios libres para as titulacións de lecer

Correo-e Imprimir PDF

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as datas para a realización dos exames teóricos e prácticos ordinarios libres para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

Dende o Val Miñor a Bruselas: o BNG xestiona unha exoneración para o chip nos cabalos ceibes.

Correo-e Imprimir PDF

cabalo-ceibe-galegoO reclamo para liberar aos cabalos ceibes do Val Miñor e toda Galicia da obriga de pagar os chips de identificación chegou na mañá deste luns 9 de maio a Bruselas. A portavoz do BNG ante o parlamento europeo Ana Miranda achegou unha consulta onde pregunta á Comisión Europea se está informada sobre a situación de perigo pola que atravesa esta especie e da normativa con fins "recadatorios" imposta pola Xunta de Galicia. Miranda argumentou a prol dunha alternativa que faga viable a necesidade de identificación das bestas co contexto económico que rodea a cría e xestión das mesmas. Segundo informou a portavoz a Valminor.info, a resposta chegará nos próximos 30 días. Este reclamo ante o organismo comunitario cumprimenta as iniciativas xa desenvolvidas polos nacionalista, as organizacións de propietarios de cabalos e mais as plataformas sociais a nivel da bisbarra miñorana e toda la autonomía, a prol da adopción de medidas que aseguren a conservación dos animais e a tradición dos curros ligados a eles.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL