Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Eleccións municipais no Val Miñor: o PP é maioría absoluta na bisbarra e as mulleres "mandan" en Nigrán.

Eleccións municipais no Val Miñor: o PP é maioría absoluta na bisbarra e as mulleres "mandan" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
urnas

Os números  son azuis na bisbarra do Val Miñor.

Das 51 prazas de concelleiros en xogo na comarca do Val Miñor, 26 foron obtidas polo Partido Popular. Nos concellos de Baiona e Nigrán, os populares acadaron a maioría absoluta, con 10 e 9 edís respectivamente; Gondomar sen achegarse a esas cifras igualmente foi maioría con 7 concelleiros. Os nomes de Jesús Vázquez Almuíña en Baiona, e o de Alberto Valverde en Nigrán xa se asocian co do futuro alcalde. En Gondomar practicamente a única dúbida é si Fernando Guitián asumirá como maior minoría o baixo algunha alianza que lle asegure dende o comezo a maioría absoluta. A Entidade Local Menor de Morgadáns completa o cadro de corporacións que renovaron integrantes o pasado domingo, tamén aquí o PP foi maioría e Urbano Esmerode Domínguez volverá a exercer a presidencia da Xunta Veciñal.

As candidaturas do Partido Popular na comarca miñorán.

 

Baiona. A candidatura de Vázquez Almuíña en número de concelleiros empatou o máximo histórico dos populares, igualando cos seus 10 edís os obtidos nas municipais de 1991 e 1995. Dende o punto de vista da cantidade de electores, recibiu a vontade de 3.596 votos, a maior da historia do PP no municipio. E co 52,44 % dos sufraxios válidos, a candidatura 2011 , atópase 1.3 puntos por debaixo da de mellor porcentaxe obtida en 1995 (53,74%). En relación ás eleccións de 2007, os populares sumaron 2 concelleiros e 467 votos máis.

Gondomar. A candidatura de Fernando Guitián aínda ter sufrido un cisma no partido a poucos días das eleccións municipais, obtivo 7 concelleiros, os mesmos que en 2007 e só 236 votos menos ca anterior elección.  A súa candidatura representou o 32.88% das vontades expresadas validamente nas urnas.

Nigrán. Alberto Valverde obtivo a maioría absoluta con 9 concelleiros , cantidade só superada nas municipais de 1991, onde o PP acadou 11 edís.  A candidatura popular 2011 é a terceira mellor votada na historia de Nigrán, acadando 43,15% dos sufraxios, só superada en 1987 pola Federación de partidos de Alianza Popular (43,52% , 2.820 votos e 9 concelleiros) e a do propio PP en 1991, có 63.85% dos votos válidos, 4.253 sufraxios e 11 concelleiros.

O Val Miñor aínda non rexistra a unha muller alcaldesa na súa historia democrática.

Isabel Domínguez (PSOE) en Baiona, Natalia Salgueiro (CDL, ex PP) en Gondomar e mais Cristina Fernández (BNG) en Nigrán intentaron cambiar a historia política da bisbarra, achegando unha mirada feminina dende a  cadeira principal da alcaldía. A baionesa Domínguez foi a mellor votada co 22.82% dos votos e 4 concelleiros.  Dende o punto de vista dos resultados a segue Natalia Salgueiro quen obtivo o 9,66% dos sufraxios e 2 concelleiros en Gondomar. A nacionalista Fernández tampouco quedou fóra da súa corporación en Nigrán, acadando o 6,69% dos sufraxios e a súa banca de concelleira.

A bisbarra terá más concelleiros homes, pero en Nigrán mandan as mulleres.

Dos 51 concelleiros do Val Miñor, 29 son homes e 22 mulleres. Pero na corporación de Nigrán elas terán maioría absoluta 9 a 8. Neste senso, e seguindo a liña de xénero, o Partido Popular de Nigrán reflectirá esta realidade con 5 mulleres concelleiras no goberno de Alberto Valverde, e 4 homes. En Baiona a relación de concelleiros é de 10 homes e 7 mulleres no pleno municipal; 6 homes e 4 mulleres no equipo de goberno de Vázquez Alumuíña . Para Gondomar a corporación do Pleno estará integrada por 11 homes e só 6 mulleres.

As correntes políticas na bisbarra.

O PP acadou 26 concelleiros no Val Miñor, 6 mais que en 2007. O PSOE baixou de 17 edís en 2007 a 12 concelleiros en 2011. O BNG obtivo 8 concelleiros en 2011, 2 menos que en 2007.

Das novas forzas, en Baiona UPy D acadou 1 concelleiro, en Gondomar CDL 2 e IXG 1.

Dos grupos independentes o único que mantivo representación nas corporacións miñoranas foi a UCN-CDL de Antonio Fernández Comesaña, cun só concelleiro en Nigrán.

Dim lights Embed Embed this video on your site