Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Consellería do Mar publica as datas dos exames ordinarios libres para as titulacións de lecer

A Consellería do Mar publica as datas dos exames ordinarios libres para as titulacións de lecer

Correo-e Imprimir PDF

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as datas para a realización dos exames teóricos e prácticos ordinarios libres para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.

No caso de patrón para a navegación básica, o exame teórico realizarase o 1 de xullo e o 13 de setembro, as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 4 de xullo e o 16 de setembro e as de patrón de iate realizarase os días 6 e 7 de xullo e 20 e 21 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 19 de xullo e o 30 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e nas Escolas Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.

No que respecta aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 11 e 12 de xullo e o de patrón de moto náutica A e B, o 15 de xullo. As probas prácticas de ambas titulacións celebraranse os días 18 e 19 de xullo. Na convocatoria de setembro as probas teóricas de capitán de iate serán o 26 e o 27 de setembro e a práctica o 30 dese mesmo mes. Os interesados nestas probas terán que examinarse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo.

En canto ás horas de todos os exames, tamén serán fixadas polos centros que as exporán nos seus taboleiros de anuncios. Os interesados en asistir aos exames deberán cumprir as condicións establecidas na orde do 8 de xaneiro de 2009 (DOG Nº 11) e presentar a documentación requirida e especificada no DOG do 10 de maio na secretaría dos centros nos que se realice o exame. Ademais, terán que presentar as solicitudes mediante unha instancia dirixida ao presidente do tribunal do centro no que desexe examinarse. Por unha banda, os que desexen examinarse na convocatoria de xullo para estes 5 títulos poderán inscribirse do 11 ao 28 de maio. Para a convocatoria de setembro o período de matrícula é do 26 de xullo ao 11 de agosto, agás no caso de patrón de moto náutica A e B no que non hai convocatoria de setembro.

Probas teóricas

TITULACIÓN

DATA

LUGAR

Patrón para a navegación básica

1 de xullo

13 de setembro

Nos tres centros oficiais de ensino pesqueiro

Patrón para embarcación de lecer

4 de xullo

16 de setembro

Nos tres centros oficiais de ensino pesqueiro

Patrón de iate

6 e 7 de xullo

20 e 21 de setembro

Nos tres centros oficiais de ensino pesqueiro

Capitán de iate

11 e 12 de xullo

26 e 27 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo

Patrón de motos náuticas A e B

15 de xullo

Non hai convocatoria de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo

 

Probas prácticas

TITULACIÓN

DATA

LUGAR

Patrón para a navegación básica

 

o 19 de xullo e o 30 de setembro

Nos tres centros oficiais de ensino pesqueiro

Patrón para embarcación de lecer

Patrón de iate

Capitán de iate

18 e 19 de xullo e 30 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo

Patrón de motos náuticas A e B

18 e 19 de xullo. As datas e o lugar de setembro serán fixados no taboleiro de anuncios do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo