Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Día Internacional da Muller no Val Miñor.

O Día Internacional da Muller no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Concelleira de Igualdade de Baiona Mª de los Ángeles Silva, durante a lectura do acordo no pleno de marzo.
Concelleira de Igualdade de Nigrán, Purificación Leal na presentación da moción do acordo no pleno.
Concelleira Mª Dolores Presas na fundamentación do apio do PP de Nigrán á moción de acordo no pleno.
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Hai 100 anos un grupo de mulleres obreiras reunidas en Copenhague durante a Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, a iniciativa da xermana Clara Zetkin, proclamaba o Día Internacional da Muller Traballadora. Definida como un día de loita polos dereitos da muller, unha centuria despois tanto dende o Estado como da Sociedade Civil mulleres e tamén homes, desenvolven durante a xornada de hoxe unha basta axenda de actividades a prol da igualdade de xénero.

Nos últimos días, coincidindo coa realización dos plenos municipais dos Concellos de Baiona e Nigrán, concelleiras tanto do goberno como da oposición presentaron mocións de acordo destacando a importancia e actualidade desta xornada. No caso de Baiona, a concelleira de Igualdade María de los Ángeles Silva propoñía reflexionar sobre o progreso e os avances “acadados na promoción dos dereitos das mulleres”, e ao mesmo tempo “recoñecer o traballo que aínda queda por facer”. Neste sentido, Mª de los Ángeles Silva, sinalaba que segundo datos da Unión Europea, de España e da comunidade autónoma, a participación da muller nos niveis máis elevados de responsabilidade sigue sendo aínda baixo, sobre todo no eixo da economía, as finanzas e a política. No seu informe, Silva manifesta que a pesar do aumento do nivel formativo das mulleres hai un déficit notorio da súa presenza nos postos directivos das grandes empresas. No escrito lido durante a sesión do pleno municipal, a concelleira de Igualdade tamén referiu ao desafío de evitar a reprodución dos comportamentos sexistas na sociedade, a violencia de xénero e a vulnerabilidade da muller no actual escenario económico, no que “o problema do emprego afecta a unha parte importante” das mesmas.

No Concello de Nigrán, a concelleira de Igualdade Purificación Leal foi a encargada de presentar no pleno municipal un acordo onde solicita acadar un “Pacto de compromiso e de responsabilidade ca cidadanía, para erradicar definitivamente as desigualdades entre homes e mulleres”. A proposta aprobada por unanimidade consta de dez puntos, nos que procura “Incorporar a utilización non sexista da linguaxe nas comunicacións municipais”, rexeitar o uso sexista da imaxe da muller, igualdade nas políticas de emprego e orientación profesional, desenvolver servizos socias que permitan conciliación da vida persoal e familiar das traballadoras, programas estratéxicos de promoción da igualdade de oportunidades nas empresas, fomentar a participación das mulleres nas actividades empresariais, promover a formación da muller de cara ao emprego e impulsar a loita contra a feminización da exclusión social.

Tamén, dende as filas da oposición, no caso de Nigrán, a concelleira popular María Dolores Presas abordou a necesidade de asumir que é un feito aínda sen resolver o xeito dunha sociedade machista que non remata de asumir “que las mujeres podemos ser iguales que los hombres”, afirma. A concelleira do PP dixo que gustaríalle facer un percorrido “por tantos países donde siguen estando las mujeres discriminadas por razón de género y que aún viven explotadas, humilladas y vilipendiadas”. María Dolores Presas entende que esas mulleres viven nunha “situación lamentable y que no gozan de las libertades de la mujer occidental, y es un bien que habría que exportar a esos países en dificultad.”

Dentro deste marco, o Concello de Nigrán prepara dúas mostras, unha nas Escolas Proval “Miña nai traballa”, con material gráfico aportado por nenas e nenos de educación infantil e primaria de Nigrán, que será inaugurada o próximo sábado 12 de marzo. E o luns 14 de marzo se inaugurará no salón de plenos de Nigrán a exposición “Un mar de mulleres”.