Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Fondo Galego abre o prazo de inscripción de Vacacións con Traballo

O Fondo Galego abre o prazo de inscripción de Vacacións con Traballo

Correo-e Imprimir PDF

A convocatoria está dirixida ao persoal dos concellos e das catro diputacións socias do Fondo .
Viaxar este verán a un país do Sur e implicarse nun proxecto de cooperación ao desenvolvemento nunha comunidade determinada pode ser, sen dúbida, unha alternativa diferente as vacacións convencionais.

O Programa Vacacións con Traballo, trata precisamente diso, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade brinda, no marco de esta actividade a posibiliade de intercambiar experiencias entre profesionais de Galicia e dos países que acollen os proxectos de cooperación co obxectivo de fortalecer o noso compromiso co Sur. 

O programa está dirixido ao persoal laboral e funcionario da administración local galega e será condición imprescindible que o seu concello ou diputación pertenza ao Fondo Galego. Os países aos que poderán viaxar este ano os futuros participantes serán Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú. 

O prazo de presentación de solicitudes comezou o pasado lúns 26 de maio e rematará o día 16 de xuño. A información do programa esta publicada na páxina Web: www.fondogalego.org