Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O próximo martes 21 será presentado o proxecto de lei de creación da Área Metropolitana de Vigo.

O próximo martes 21 será presentado o proxecto de lei de creación da Área Metropolitana de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
Luca_Morales_na_xuntanza

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentará a institucións, colectivos e axentes sociais da cidade olívica e dos municipios da área de influencia de Vigo o proxecto de Lei de creación da Área Metropolitana de Vigo. Será o vindeiro martes e ao acto están invitados tamén os alcaldes dos 14 concellos que nun primeiro momento integrarán a futura entidade supramunicipal.

 

Mentras, a delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, e o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, mantiveron esta mañá un encontro coa Federación de Asociacións de Veciños “Eduardo Chao” de Vigo co fin de explicarlles o borrador do proxecto de Lei e solucionarlle as dúbidas que puideran ter. Con todo, Molares recalcou que o proxecto presentado “pretende dar forma a unha realidade social xa existente” e que se trata dun texto “mellorado”. Ademais, explicou que se terán en conta todas as aportacións que cheguen na actual fase de alegacións na que nestes momentos se atopa o proceso e que a idea “é enriquecer o proxecto e conte coas ideas de todos”, dixo.

 

Por último, o director xeral de Administración Local explicou que o calendario co que traballa a Consellería irá en función do estudio das alegacións e suxestións presentadas e das posibles modificacións que se poidan levar a cabo pero que a folla de ruta marcada é que o texto articulado sexa aprobado polo Consello da Xunta no primeiro semestre do vindeiro ano 2011 para, posteriormente, ser debatido na Cámara galega.