Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O luns fírmase o convenio de integracións entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa e o IEM.

O luns fírmase o convenio de integracións entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa e o IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Aula_Ponte_de_Rosas_004

Tras varios anos de colaboración en diversas actividades entre o Club Marítimo Marisma da Ramallosa (CMMR) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a directiva do Club e a Xunta de Goberno do IEM acordaron a integración das dúas asociacións. A partir do convenio que se asinará o próximo luns, 20 de decembro, ás 20:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas", sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o CMMR pasará a constituírse como sección Marítimo-Fluvial do Instituto de Estudos Miñoranos.

O convenio de colaboración sinala que “En función da súa natureza e obxectivos, ambas entidades coinciden en desempeñar un papel de importancia en fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorán, así como o coñecemento e o estudo do medio mariño en xeral, a través de actividades de investigación, divulgación e calquera outra que favoreza o mantemento e conservación das nosas costas e mares, como un ben económico e cultural.”

Ao rematar o acto servirase uns copos e uns petiscos aos presentes para celebrar este acordo que ambas as dúas institucións consideran “de suma importancia para as actividades de recuperación e defensa do patrimonio marítimo e fluvial do Val Miñor.”