Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O IEM falará coas familias para exhumar os corpos da "Volta dos Nove"

O IEM falará coas familias para exhumar os corpos da "Volta dos Nove"

Correo-e Imprimir PDF
70 aniversario Volta dos Nove
O Instituto de Estudos Miñoranos porase en contacto con todos os familiares dos nove represaliados fusilados e enterrados na denominada “volta dos nove”, en Baiona, para solicitar a súa conformidade para a exhumación dos corpos. A asociación quere crear unha fundación para preservar a memoria e o material recollido nestes últimos anos.

Aínda que para a apertura da fosa soamente faría falla a solicitude dos familiares dun dos falecidos, dende o IEM non queren facelo a menos que estean todos de acordo, segundo manifesta o seu presidente Carlos Méixome. Para a apertura da fosa faría falla ademáis a conformidade do concello de Baiona xa que os corpos se atopan dentro do ceminterio municipal.

A Volta dos Nove é coñecido así por ser o lugar onde foron fusilados os nove republicanos da zona de Baiona. Nela se atopan debuxadas nove cruces vermellas, na súa memoria, coa lenda “Vila la República” sobre elas O Instituto de Estudos Miñoranos quere crear unha fundación que protexa e xestione todo aquel material gráfico e histórico que durante estes últimos anos se ven recollendo sobre ‘a volta dos nove’. 

Hai un intento de construir unha fundación de interés galego para preservar todo o material recollido nestes últimos anos: patrimonio, cadros, fotos, documentos... que temos que preservar, moi especialmente o monumento que se fixo na súa memoria,

A asociación mantivo xa unha reunión co alcalde do concello de Nigrán quen se comprometeu aa axudalos na procura do local onde instalar a sede social da fundación. Este local ten a vontade de convertirse no centro da Memoria Histórica do Val Miñor ou incluso do Sur da Provincia de Pontevedra. O IEM está, polo momento, a elavorar os estatutos desta fundación.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site