Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inauguración da exposición "WORK IN PROGRESS" no IEM.

Inauguración da exposición "WORK IN PROGRESS" no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
invitacion optimizado1

Este venres 30 de marzo ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición "WORK IN PROGRESS", do ceramista Miguel Vázquez A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 16 de maio en horario de 19h a 21h de luns a venres. A presentación da obra e do autor estará a cargo do fotógrafo Enrique Touriño.

 

Miguel Vázquez é profesor dende 1986 do Obradoiro de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Vigo e dende o 2000 membro da Academia Internacional de Cerámica con sede en Xenebra. Ten realizado exposicións individuais en Vigo, Ourense, Santiago, Madrid, no European Ceramics Work Centre 's-Hertogembosh (Holanda), Pontevedra, Barcelona, Xapón, Zaragoza. e participado en múltiples exposicións internacionais de carácter colectivo.

Foi bolseiro en La Bisbal (Girona), Faenza (Italia), European Ceramics Work Centre 's-Hertogembosch (Holanda), Fundación Pilar y Joan Miró, Palma de Mallorca. Recibiu diversos premios en mencións entre outras na Mostra Nacional de Cerámica (Santander), na III World Triennial Exhibition of Small Ceramics Zagreb; primeiro premio Nacional de Cerámica Actual, Ciudad de Talavera (Toledo), VI Bienal Internacional de Cerámica Artística Aveiro, 5º Festival International du Film sur L'Argile et Le Verre. Montpellier 2011 Finalista 1ª Mostra Internacional de Cine Cerámico MICICE, Castellón.

Ten obra en fondos de diversas institucións e museos entre outros a Fundación Josep Llorens Artigas. Gallifa (Barcelona), a Fundación Rodríguez Iglesias (A Coruña), Nakatomi, Museum of Contemporary Fine Craft, Fuji (Japón), Fundación CAI (Zaragoza), Academia Internacional de Cerámica. Ginebra (Suiza). FLICAM, Internacional Ceramic Art Museum, Fuping (China), Museo de Sevres, París (Francia).

Asiduo conferenciante e colaborador da Escola de Cerámica de Nigrán.