O fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela, iniciará os faladoiros o primeiro venres de outubro e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, poñeralle o ramo no mes de xuño.
Por sexto ano consecutivo o próximo venres cinco de outubro iniciarase un novo ciclo de faladoiros organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.
Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a xuño, e comezarán ás 20:30h. Tamén como de costume despois do acto público haberá unha cea coa persoa convidada á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 680 6444 90 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Este novo ciclo de Tertulias iniciarase o 5 de outubro coa presencia do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela que será presentado polo Avogado e profesor Da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo, Xaime Luxilde.
- 2 novembro estará entre nós a actriz e productora cinematográfica Mabel Rivera que será presentada polo músico e médico Antón Seoane.
- A escritora, traductora e interprete, ademais de fundadora de Implicados/as no Desenvolvemento, María Reimóndez, estará con nós o 14 de decembro e será presentada pola profesora e poeta, Marta Dacosta
- O doutor Ángel Carracedo Álvarez, Catedrático de Medicina Legal da USC. Director do Instituto de Medicina Legal de Santiago visitaranos o 11 de xaneiro de 2008 e será presentado polo biólogo, profesor e concelleiro de Nigrán, Juan Hermida.
- Será o primeiro de febreiro cando se achegue ata o Val Miñor o ex profesor da EUAT da Coruña e Arquitecto Técnico ademais de destacado activista a prol da cultura galega, Manuel Caamaño, quen será presentado pola Catedrática da Universidade de Vigo, Camiño Noia.
- O arqueólogo e técnico de Xestión Cultural da Deputación da Coruña, Felipe Senén López Gómez compartirá faladoiro con nós o 7 de marzo e será presentado polo psicólogo e profesor Xilberte Manso.
- O 4 de abril será o empresario Lorenzo López Vázquez, presidente de San Luís e do Padroado do CGAC quen comparta con nós as súas inquedanzas e será presentado polo director de Caixanova de Gondomar, Emilio García Crego.
- En maio, o 9, será a quenda do músico e profesor Pepe Ferreirós que será presentado polo gaiteiro e profesor Iván Area.
- Rematan os faladoiros coa participación de Ramón Villares, historiador e presidente do Consello da Cultura que será presentado polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.