Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Mabel Ribera presentará hoxe o documental El Salario del Silencio, en Gondomar

Mabel Ribera presentará hoxe o documental El Salario del Silencio, en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A actriz galega presentará o documental El Salario del Silencio
O venres 2 de novembro de 2007 terá lugar a segunda das TERTULIAS DO IEM. Nesta ocasión estará a invitada e tertuliana será a actriz e productora Mabel Rivera que presentará o filme "El salario del Silencio". Documental que aporta un punto de vista obxetivo á problematica da planta de gas de Mugardos, na ría de Ferrol.

A actriz será presentada polo músico, médico e membro do Instituto de Estudos Miñoranos ANTÓN SEOANE. Nesta ocasión haberá algúns cambios.

Antes do faladoiro proxectarase o filme producido por Mabel Rivera EL SALARIO DEL SILENCIO. Un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos).

Ao remate da proxección terá lugar o faladoiro con Mabel Rivera que neste caso a TERTULIA terá lugar no propio Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” onde dará comezo, como de costume ás 20:30h.

Ao remate da proxección e do faladoiro, abertos ao público en xeral, haberá unha cea coa convidada que terá lugar, tamén como de costume, no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar.

Para asistir á mesma e dado o limite de prazas compre facer a reserva correspondente ben no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
Teaser publicado en Vieiros.com

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 Ligazóns

 www.manchefilms.es   |  www.mabelrivera.net