Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Faleceu Francisco Ferández del Riego.

Faleceu Francisco Ferández del Riego.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco_Fernndez_del_Riego

Faleceu na cidade de Vigo Francisco Fernández del Riego aos 97 anos. Fillo adoptivo de Nigrán, este intelectual galeguista foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director da revista Grial. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertenceu á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós. Ingresou en 1960 na Real Academia Galega  e en 1997 a presidiu.

 

No Val Miñor o Concello de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoranos do cal era socio de honra expresaron a súa congoxa pola triste nova.