Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Galiza co Galego denuncia incumprimento da Xunta e o goberno de España co ensino en galego.

Galiza co Galego denuncia incumprimento da Xunta e o goberno de España co ensino en galego.

Correo-e Imprimir PDF
galizacogalego17-5-104

A Comisión Galiza co Galego denuncia a Xunta de Galicia e tamén ao goberno de España por incumprir "os dereitos humanos e os dereitos da infancia, impedindo que a educación infantil de feito poida ser realizada en galego". Nun comunicado asinado por Francisco López en nome da Comisión e dirixido á cidadanía do país, "de Europa e do mundo", e motivado polo próximo Día do Ensino (7 de decembro), a Comisión afirma que " Os poderes políticos impiden que as familias eduquen e aprendan a lingua galega, lingua propia ou escollida na súa contorna natural no seu País: Galicia ou Galiza."

 

O escrito manifesta diante da conmemoración do 32 aniversario do referendo da Constitución Española que " temos a obriga de denunciar que os poderes do Estado Español a pesar de ter recoñecido todos os españois, na súa Lei Principal o dereito do uso da lingua propia, na práctica e con coñecemento impiden o exercicio deste dereito fundamental á cidadanía."

 

Galiza co Galego leva recollidos máis de 2200 apoios para a posta en funcionamento dunha rede de escolas laicas e populares en galego. A Comisión fai un chamado " á sociedade, á comunidade educativa, educadores, nais e pais para que esixan o dereito a aprender en galego, en especial aos máis desprotexidos como é a infancia"