Un grupo relevante de asociacións culturais, medio ambientais, deportivas e persoalidades involucradas na defensa do patrimonio están a preparar unha serie de medidas co fin de impedir que finalmente se instale un parque eólico na Serra do Galiñeiro. A primeira medida é a convocatoria a unha mesa redonda “Pola Protección da Serra do Galiñeiro”, a celebrarse o próximo martes 28 de decembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas do Instituto de Estudos Miñoranos.
Gondomar
As asociacións en defensa do Galiñeiro terán enfronte á multinacional ELEMENT POWER
Urbano Esmerode espera que o negocio do parque eólico “sexa rentable” .
O presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns Urbano Esmerode Domínguez manifestou o desexo de que a operación coa empresa adxudicataria “sexa rentable para a Entidade”. Ao mesmo tempo asegurou que descoñecía a resolución da Consellería de Industria, Enerxía e Minas ao momento de ser consultado (onte martes pola noite) pola que a Área de Desarrollo Eólico da Zona 5 TV-20 Serra do Galiñeiro fora concedida á empresa TERRA DO VENTO S.R.L..
A Serra do Galiñeiro foi concedida a empresa eólica TERRA DO VENTO S.R.L.
A Consellería de Industria, Enerxía e Minas concedeu a TERRA DO VENTO S.R.L. a explotación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. A empresa recibirá 39 MW de potencia máxima a desenvolver en el TV-20 Serra do Galiñeiro, o nome con que a Xunta designa ao parque natural emblemático do Val Miñor. A Comunidade de Montes de Vincios e a Entidade Local Menor de Morgadáns son as administracións con maior cantidade de terras dentro da zona afectada.
O PSOE Gondomar reuniuse coas comunidades de augas do concello.
O PSOE de Gondomar manifestou o seu apoio a unha “verdadeira Lei de Augas de Galicia” e criticou ao PP por ter unicamente vontade recadatoria na lei impulsada no parlamento, nunha xuntanza cos membros das comunidades de augas do concello. A mesma foi convocada polo Secretario Xeral do PSOE de Gondomar e candidato á Alcaldía, Juan Francisco Ferreira, interviñeron Juan Manuel Fernández, Presidente da Comunidade de Augas do Galiñeiro, e Carmen Gallego Calvar, Deputada Autonómica e Secretaria de Medio e Desenvolvemento Sostible do PSdeG-PSOE.
Unha achega do BNG Gondomar informa dos prazos legais dun posible PXOM Express.
O Bloque acaba de emitir un comunicado de prensa onde acusa ao goberno de “mentirlle á cidadanía cando anuncia una aprobación inicial inminente”. O estudo dos prazos mínimos feitos pola organización nacionalista estiman en sete meses unha posible aprobación. Por outra banda, os concelleiros de BNG solicitaron una ao concello unha copia da redacción do PXOM para coñecer os contidos.
De Lis aposta a un PXOM Express entre os desaires do alcalde e as filtracións de FrikiLis.
En materia de apostas todo é subxectivo. E se o obxecto da quiniela son os prazos do PXOM de Gondomar, todos os prognósticos teñen cabida. Para Alfonso de Lis, concelleiro de Urbanismo e Tenente de Alcalde, a promesa que asumiu ao tomar o goberno está cada vez máis preto e ten plena certeza de que Gondomar terá o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nesta lexislatura. Así o manifestou onte pola noite, logo de entregar ao Arquitecto Municipal e á Secretaria Xeral a redacción urbanística que a empresa Eptisa ingresou o mércores pasado ao Concello.
O BNG denuncia ao goberno de Gondomar pola renuncia aos obradoiros de emprego.
O BNG denuncia ao goberno municipal de Gondomar de renunciar voluntariamente aos obradoiros de emprego que financia a Xunta de Galicia e que podería dar traballo por un ano a 45 gondomareños en situación de desocupados. A partida do orzamento 2009 que tiña que aportar o municipio a tal fin foi utilizada pola concelleira Natalia Salgueiro para outros gastos, quedando o concello imposibilitado de acceder a subvención, segundo os nacionalistas.
Juan Francisco “Paco” Ferreira elexido por aclamación candidato ao Concello de Gondomar.
Juan Francisco “Paco” Ferreira, xefe da Policia Local de Gondomar, será o candidato do PSOE para as próximas eleccións municipais 2011. Foi elexido por aclamación polos máis de cen militantes que participaron na asemblea de onte venres na Casa da Cultura do Concello. A lista completa de candidatos da agrupación se coñecerá a finais de xaneiro.
Cea de Nadal en Nigrán e candidatura de momento baleira no PP de Gondomar.
Esta noite as 21:30 horas o PP de Gondomar fan a súa festa de Nadal no Hotel Miramar de Nigrán. Sen máis intencións que xuntar forzas e confraternizar, os populares gondomareños a diferenza de seus homónimos miñoráns de Baiona e Nigrán non terán durante o agasallo unha proclamación de candidatos.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL