Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

O PSOE Gondomar apoia solicitude das ANPAs para que a Xunta se faga cargo dos comedores escolares

Correo-e Imprimir PDF

school-lunch-usdaA Consellería de Educación da Xunta de Galicia négase a asumir a xestión dos comedores escolares que ata o momento están a cargo das Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) . O rexeitamento foi comunicado aos representantes da asociación nunha xuntanza mantida coa consellería segundo expresa un comunicado do PSOE de Gondomar.

Búscase xerente para Gondomar...

Correo-e Imprimir PDF

De prosperar a inciativa do concellerio Alfonso de Lis, Gondomar contará cun ente autónomo de xerencia en materia de urbanismo. Creado co dobre fin de axilizar e dar transparencia aos trámites urbanísticos, a entidade contaría cun xerente contratado a través dunha convocatoria aberta.

A Agencia Tributaria ordena embargo de créditos a Martínez & Torea no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Concello de GondomarA Delegación de Vigo da Agencia Tributaria ordenou o 8 de outubro pasado, unha dilixencia de embargo de créditos por 324, 66 euros ao Concello de Gondomar por débedas mantidas coa entidade por parte de Martínez & Torea Asociados S.L. Este estudo mantén unha relación de asesoría xurídica co concello gondomareño dende a asunción do goberno tripartito en 2009. A devandita relación foi obxecto de reparos en máis dunha ocasión pola Interventora municipal ao consideralos duplicación de gastos, por entender que varios destes informes están reservados á Secretaría Xeral do municipio segundo ou Real Decreto 1174/87.

A Concellería de Benestar Social de Gondomar achega o seu baile para maiores a Chaín

Correo-e Imprimir PDF

bienestar-gondomarA Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar organiza mañá venres, 26 de novembro, no Centro Cultural de Chaín, un baile para maiores. A actividade terá lugar de 17.00 a 21.00 horas. A sesión estará amenizada por unha orquestra en directo.

Nova delegación de atribucións do alcalde de Gondomar no concelleiro Alfonso de Lis.

Correo-e Imprimir PDF
Concello de GondomarO alcalde de Gondomar Martín Urgal delegou  as atribucións relativas á tramitación dos certificados de empadroamento  no concelleiro e 1º Tenente de Alcalde Alfonso de Lis. A coñecida situación pola que atravesa o rexedor municipal que non desenvolve o seu cargo en condición de dedicación exclusiva, levou a esta resolución tomada en fecha 14 de outubro de 2010 e que entra hoxe en vigor.

Maratón de contas de exercicios e orzamento na xunta veciñal da Entidade Menor Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Xunta veciñal en MorgadánsCo voto negativo da oposición a Entidade Local Menor de Morgadáns fixo a aprobación inicial das contas xerais dos anos 2007, 2008 e 2009 na xunta veciñal celebrada onte na parroquia. Tamén tivo aprobación inicial o orzamento 2010, que duplica os presupostos anteriores da mesma nun 100%, pasando duns 200 mil euros anuais a 400 mil para este ano.

 

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar arroupa as Técnicas Municipais.

Correo-e Imprimir PDF

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar expresou o seu "rechazo total e absoluto dás declaracións insultantes e carentes do máis mínimo respecto e veracidade, realizadas polo Concelleiro de Goberno D. Alfonso J. De Lis Fiuza, no Pleno Extraordinario de data 17 de novembro de 2010", nun comunicado de prensa. As expresións as que alude o escrito refiren ao documento presentado polo concelleiro de Urbanismo no que acosou a Técnica de Administración Xeral e á Secretaria Xeral de obstruír a xestión municipal.

Gondomar: O día despois do pleno.

Correo-e Imprimir PDF

Alfonso De Lís"Hablé como portavoz de mí mismo en el pleno y me ratifico en todo lo dicho ". Esta foi a resposta de Alfonso De Lis a Valminor.info sobre a autoría e valoración do informe que leu durante o último pleno e que provocou a retirada da oposición da sala así como o pedido de uso da palabra da Secretaria Nuria Lobato, que foi denegada polo alcalde Martín Urgal.

Entre berros, aplausos e a retirada dos concelleiros do BNG, saldouse o pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O BNG anbandonou o pleno extraoridinario ante as acusacións de De LisO grupo de concelleiros do BNG abandonou o pleno extraordinario de Gondomar, logo de que o 1º Tenente de Alcalde, Alfonso De Lis, efectuara graves acusacións a funcionarios e departamentos do Concello acusándoos de xerar un "clima de crispación" e facer perigar con as súas actuacións a xestión da Concellería de Urbanismo. Paulino del Río (BNG) replicou a De Lis que a súa política era "miserable" atacando nun pleno a persoas que non se poden defender. A executiva do PSOE de Gondomar que estaba no auditorio do pleno, tamén retirouse en actitude de solidariedade cos funcionarios e os representante nacionalistas .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL