Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: O día despois do pleno.

Gondomar: O día despois do pleno.

Correo-e Imprimir PDF
Alfonso De Lís

"Hablé como portavoz de mí mismo en el pleno y me ratifico en todo lo dicho ". Esta foi a resposta de Alfonso De Lis a Valminor.info sobre a autoría e valoración do informe que leu durante o último pleno e que provocou a retirada da oposición da sala así como o pedido de uso da palabra da Secretaria Nuria Lobato, que foi denegada polo alcalde Martín Urgal.

O informe de nove follas en tamaño A4 contiña un conxunto de valoracións a favor de levantar un reparo formulado pola Interventora municipal sobre o pagamento de cinco facturas por asistencias xurídicas externas solicitadas polo concelleiro de Urbanismo e Primeiro tenente de alcalde Alfonso De Lis. No seu desenvolvemento, acusaba a Secretaria Xeral e a Asesora Xurídica do Departamento de Urbanismo de xerar unha dinámica de permanentes contra informes que obstaculizaban a tramitación de expedientes, provocaban inseguridade xurídica e tiñan o Departamento de Urbanismo nun clima de "crispación".

O PP que rapidamente se desmarcou da autoría deste informe, se ben votou a favor da moción, deixou en claro a través da súa portavoz Natalia Salgueiro, que non sabía da súa existencia ata que De Lis o leu.

Durante o mediodía de onte, foi consultado Eladio Bargiela, secretario persoal do alcalde Martín Urgal e presidente do PP Gondomar, sobre a súa valoración do informe e o estado da relación entre os concelleiros populares e os funcionarios aludidos: "De ninguna manera compartimos esas acusaciones", afirmou Bargiela "por el contrario, realizamos con los funcionarios un verdadero trabajo de equipo".

"Con el PP no hay nada"

Preguntado De Lis se había nestes momentos conversacións cos populares en relación a unha candidatura súa dentro do Partido Popular, o edil foi tallante: "con el PP no hay nada". Agregou que o seu futuro político é incerto. Pola súa banda, o presidente do PP Gondomar, Eladio Bargiela sobre o mesmo tema afirmou que "De Lis es un socio de gobierno hasta que termine la legislatura y nada más."

Para coñecemento e valoración dos lectores deixamos a seguinte ligazón co texto íntegro da exposición do concelleiro Alfonso De Lis. Prema aquí