Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Comité de Persoal do Concello de Gondomar arroupa as Técnicas Municipais.

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar arroupa as Técnicas Municipais.

Correo-e Imprimir PDF

O Comité de Persoal do Concello de Gondomar expresou o seu "rechazo total e absoluto dás declaracións insultantes e carentes do máis mínimo respecto e veracidade, realizadas polo Concelleiro de Goberno D. Alfonso J. De Lis Fiuza, no Pleno Extraordinario de data 17 de novembro de 2010", nun comunicado de prensa. As expresións as que alude o escrito refiren ao documento presentado polo concelleiro de Urbanismo no que acosou a Técnica de Administración Xeral e á Secretaria Xeral de obstruír a xestión municipal.

No mesmo comunicado, os asinantes adoitan a decisión de esixir "ó Sr. Concelleiro De Lis Fiuza unha rectificación pública das mencionadas declaracións e unha defensa do resto dos Concelleiros de Goberno das traballadores vilipendiadas e desacreditadas de forma inxusta".

As respostas dos concelleiros de goberno foron dispares, mentres o secretario do Alcalde, Eladio Bargiela asegurou que "De ninguna manera compartimos esas acusaciones, por el contrario, realizamos con los funcionarios un verdadero trabajo de equipo". De Lis afirmou "Hablé como portavoz de mí mismo en el pleno y me ratifico en todo lo dicho " (ver nota publicada)

Consultados os representantes sindicais sobre estas afirmacións, responderon que non lles sorprendían as actitudes de De Lis, pero que non era certo que no Concello se traballe en equipo, como afirma Bargiela: "O que fixo De Lis é o mesmo que están a facer dende hai tempo outros concelleiros do actual goberno cos técnicos municipais e moitos funcionarios. Non é só De Lis"

O comité de Persoal tamén salienta no comunicado que xa foron postas en coñecemento do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Provincia de Pontevedra polas Técnicas feitos de extrema gravidade que están a ocorrer no municipio: "Desautorización ás coordinadoras de servizo (servizos xurídicos e económicos) ante ordes que se dan dentro dos seus departamentos. Cuestionamento de tódolos informes xurídicos da Secretaria, Interventora e Técnica de Administración Xeral, en relación a expedientes da súa competencia. Ocultación de información por parte dos Concelleiros de Goberno ós Técnicos e traballadores do Concello de toma de decisións sen o seu coñecemento. Chamadas á Alcaldía e presións a funcionarios ante a presenza de varios concelleiros e Alcalde, así como intimidacións."

O comunicado tamén di:" Por tanto e como colofón, queremos destacar que é INADMISIBLE E INACEPTABLE que se poña en cuestión o traballo, a profesionalidade e a competencia das Técnicas Municipais baixo ningún concepto, e que queremos subliñar aquí a especial adicación das mesmas, igual que a do resto dos traballadores deste Concello, dadas as circunstancias complexas e o clima de crispación no que teñen que desenvolver o seu cometido.

Queremos ademais facer constar que nin a Secretaria nin o persoal do seu Departamento abandonaron en ningún momento a tramitación de ningún expediente e que, por suposto, o mérito da tramitación do Plan E non recae, nin por casualidade, no funcionario D. Manuel Soliño Troncoso."