O concelleiro Manuel Núñez Sestelo afirmou ante consulta de Valminor.info que Move Gondomar apoiará con seu voto o rexeitamento do parque eólico nos montes de Vincios no Pleno extraordinario. Sen embargo admitiu que o tema é complexo e que de momento non se dispón de tódala información necesaria. O Pleno vai reunirse o próximo mércores 12 de xaneiro ás 20 horas no Auditorio Luís Tobío a resultas do pedido formal feito polo grupo municipal do BNG o pasado 22 de decembro.
Gondomar
Move Gondomar apoia aos comuneiros de Vincios e asegura 13 votos en 17 para o Pleno.
De Lis non adianta posición sobre o parque eólico ata a xuntanza dos portavoces de Gondomar.
Alfonso De Lis informou a Valminor.info que non tomará posición pública sobre a solicitude dos comuñeiros de Vincios ata non falar con eles na Comisión Informativa do Pleno. O 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Gondomar asegurou que ningún membro do grupo dos non adscritos (ex PSOE) foi contactado pola Comunidade de Montes de Vincios na rolda de conversacións que a sociedade comunal mantivo cos partidos políticos durante o 2010.
O PP de Gondomar rexeita o parque eólico en Vincios e espera a decisión de Morgadáns.
O PP Gondomar acompañará aos comuñeiros de Vincios no intento de liberar as 420 hectáreas de monte que quedaron comprometidas ao proxecto eólico da Xunta de Galicia informou a Valminor.info Eladio Bargiela Durán, secretario persoal do Alcalde e presidente local dos populares. A tal fin o goberno convocou a comisión informativa do Pleno para este venres 7, na que estará presente unha representación da Comunidade de Montes de Vincios. A intención dos populares, sinalou Bargiela, é conseguir unha posición monolítica e unánime dos grupos de cara ao Pleno Extraordinario que definirá a posición da corporación gondomareña. No Pleno extraordinario que tería lugar a próxima semana os populares queren tratar por separado os casos de Vincios e Morgadáns por entender que son realidades diferentes.
Vincios lograría unha figura de protección para as súas 420 ha afectadas polo parque eólico.
Alberto Covelo Casal, presidente da Comunidade de Montes de Vincios asegura ter o compromiso de tódolos partidos políticos con representación no concello de Gondomar e o Parlamento Galego para manter o Acto de Prevalencia que dende 2002 lle permite manter o monte a resgardo de iniciativas alleas aos intereses dos comuneiros. Grazas a esta figura a Comunidade impediu en 2002 a instalación dunha macro canteira nas súas parcelas e agora impediría a utilización de 420 hectáreas de monte para a colocación de muíños de vento.
O candidato socialista Juan Ferreira non puido inscribir a seu fillo polas débedas do Concello.
“O Xulgado de Gondomar non pode enviar nada por correo dende hai unha semana e seguirá así ata que o goberno municipal de Gondomar (responsable de correr cos devanditos gastos) aboe a CORREOS os 1.653,98 euros que se lle debe dende decembro de 2009 polo servizo”, afirmou Juan Francisco Ferreira, secretario xeral do PSOE Gondomar.
O BNG denuncia ao goberno de Gondomar por non pagar as axudas ao fogar.
Pauliño del Río Iglesias, portavoz do BNG de Gondomar acusa ao goberno tripartito de Gondomar dunha débeda de mais de 21.000 euros ás institucións que prestan os servizos de Axuda a Domicilio e Axuda no Fogar. O concelleiro agrega que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta anticipou o ingresou do 100% da subvención na conta do goberno municipal ao momento do seu outorgamento.
Nace un movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”.
Catorce colectivos de diversa índole poñen en marcha unha campaña conxunta para conseguir a protección da Serra do Galiñeiro da instalación dun parque eólico. Coa intención de preservar os seu diversos valores, asociación de veciños como a de Vincios ou a do Casco Vello de Vigo, asociacións de montañeiros como Montañeiros Celtas ou a Federación Galega de Montañismo, asociacións ecoloxistas como Adega, A Ría Non se Vende, A Groba, Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes”, Salvemos Monteferro, S.O.S. Groba ou Verdegaia, a Comunidade de Montes de Vincios, o Clube de espeleoloxía “O Maúxo” e o Instituto de Estudos Miñoranos están detrás desta iniciativa.
Invitacións para alentar a rondalla “A Merced” de Chaín na Concellería de Cultura de Gondomar.
O próximo domingo 2 de xaneiro a rondalla “A Merced” de Chaín (Gondomar), participará na segunda edición del Concurso Provincial de Rondallas Deputación de Pontevedra. A agrupación gondomareña rivalizará xunto a outras dez agrupacións pola obtención do título que dende o 2009 ostenta a rondalla viguesa Helios de Bembrive.
A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar pon a disposición dos veciños invitacións para acudir ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o vindeiro 2 de xaneiro ás 17.30 horas. As invitacións, limitadas, poden recollerse na oficina da Concellería de Cultura, situada na Casa da Cultura, en horario de 8:00 a 14:30 horas.
O BNG reitera a petición de renuncia ao alcalde de Gondomar
O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar quedou fóra do pleno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo porque non recibiu a convocatoria que debía enviar o Concello de Gondomar a súa representante, a concelleira María Luisa Varela, segundo denuncia feita pola organización nacionalista. A irregularidade foi denunciada formalmente polo BNG e o concelleiro Antón Araúxo informou que se está a estudar a posibilidade de impugnar o pleno por mor dun defecto grave na convocatoria.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL