O concelleiro do goberno tripartito de Gondomar, Manuel Núñez Sestelo presentou unha moción con carácter urxente no pleno municipal para dar cumprimento a unha sentencia xudicial que ordena catalogar como privada unha pista rural de Guillufe que consta como pública no Inventario de bens municipais .
A resolución plenaria denunciou como “prevaricador” ao ex rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo por soster o carácter público da mesma durante o seu goberno. A moción que foi aprobada pola totalidade dos 12 concelleiros oficialistas tamén pide o traslado dos informes á fiscalía para que determine se o líder nacionalista é responsable da comisión dun delito. Pola súa banda,a agrupación municipal do bloque catalogou á moción como un acto de “nocturnidade e alevosía”e manifestou que a mesma era un “último favor” que facía “un cadáver político” en alusión ao concelleiro Manuel Núñez .