O goberno municipal de Gondomar tivo que convocar para hoxe un pleno extraordinario para emendar erros de forma cometidos na aprobación das mocións de carácter urxente que permitiron sacar adiante o orzamento muncipal 2010, a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras de taxas pola prestación de servizo de distribución de augas, así como o recoñecemento extraxudicial de créditos.
Gondomar
Pleno extraordinario para emendar erros e saldar contas...
O PSOE de Gondomar denuncia carencias no saneamento e alumado público na parroquia de Vilaza
O Secretario Xeral dos socialistas, Francisco Ferreira, solicitou logo dunha xuntanza cos veciños da parroquia de Vilaza, a reparación inmediata do alumado público, o saneamento dos barrios que carecen dese servizo, e medidas para a regulación do aparcadoiro fronte do xereátrico Vila do Conde.
A solicitude feita ante o goberno tripartito, partiu dunha reunión celebrada no Centro Cultural de Vilaza. Nesa ocasión, os veciños manifestaron que tódolos días saltan os limitadores dos cadros eléctricos por deficiencias na rede, "que non chegan funcionarios nin sequera se molestan en darlles aos machetes do cadro eléctrico cara a arriba".
Gondomar non ten praias ... e tampouco piscina.
Ao igual que en Baiona e Nigrán, o Concello de Gondomar buscará xestionar a construción da piscina municipal a través dunha empresa que se encargue da construción e explotación da mesma, sen que teña a administración que financiar a obra. Esta é a saída que queda logo da rescisión obrigada que terá que asumir logo do ditame do Xulgado do Contencioso Administrativo que obriga a indemnizar con máis de 90 mil euros a empresa portuguesa Telhabel Construçoes que gañou a adxudicación do ano 2007 e non puido facer os traballos por falta das actualizacións ao novo código técnico de edificación nin a acta de reformulación requirida ao concello.
Muller atopada sen vida e con ferida de arma de fogo, na parroquia de Vincios, Gondomar
Unha muller foi atopada sen vida pola súa parella sentimenta lnunha vivenda en Brandufe, Parroquia de Vincios, Gondomar. Segundo fontes policiais a muller, duns 24 anos, tiña unha ferida mortal de arma de fogo. A morte tería acontecido onte, sobre as 18:30 horas.
O Pleno de Gondomar aprobou o orzamento 2010 por máis de sete millóns e medio de euros.

Coa modalidade de moción de urxencia o goberno de Gondomar aprobou o orzamento municipal 2010 por máis de 7 millóns e medio de euros e un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de máis de 74 mil.
A abafadora maioría coa que conta o sector oficial (12 concelleiros en 17), permitiu que o pleno se desenvolvese case sen debate. Salvo algunha breve intervención da concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Natalia Salgueiro (Partido Popular), para informar do xeito legal dalgunhas modificacións, o pleno transcorreu nun monólogo do representante nacionalista, Paulino del Río, argumentando pola contra, só interrompido ao momento de votar.
Un "pazo Baión" en Gondomar
A actriz galega Mela Casal, convertida por maxia do celuloide na sinistra matriarca Marica Alberro, traza un escuro plan ante os seus irascibles fillos Toni e Juan, encarnados polos tamén actores galegos Xabier Deive e Monti Castiñeiras. Mela, que polo seu caracterización na mini serie “Conexión” parecería unha entrañable abuelita que fai os seus labores, domina o diálogo e a situación... ¿Pero todo?
A reforma do polígono da Pasaxe inclúe unha ampliación de 300.000 m2

Os traballadores aprazan a folga de lixo de Gondomar ata setembro

O PSOE de Gondomar apoian ao goberno ante a folga do lixo
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL