Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Pleno de Gondomar aprobou o orzamento 2010 por máis de sete millóns e medio de euros.

O Pleno de Gondomar aprobou o orzamento 2010 por máis de sete millóns e medio de euros.

Correo-e Imprimir PDF
Momento no último pleno de Gondomar

Coa modalidade de moción de urxencia o goberno de Gondomar aprobou o orzamento municipal 2010 por máis de 7 millóns e medio de euros e un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de máis de 74 mil.

A abafadora maioría coa que conta o sector oficial (12 concelleiros en 17), permitiu que o pleno se desenvolvese case sen debate. Salvo algunha breve intervención da concelleira de Economía, Facenda e Persoal, Natalia Salgueiro (Partido Popular), para informar do xeito legal dalgunhas modificacións, o pleno transcorreu nun monólogo do representante nacionalista, Paulino del Río, argumentando pola contra, só interrompido ao momento de votar.

O alcalde Martín Urgal Alonso (PP) fundamentou a inclusión do orzamento a través dunha moción de urxencia, á necesidade de sacar adiante o Plan Provincial de Cooperación relacionado coas obras da parroquia de Vilaza, cuxos prazos están a vencer.

Uns dos aspectos a salientar é a diminución do gasto previsto para obradoiros de emprego en beneficio dunha débeda que por sentencia xudicial o concello debe pagar aos funcionarios municipais. Non obstante, a concelleira Natalia Salgueiro afirmou que iso non quere dicir que os compromisos de obradoiros contraídos non se vaian cumprir.

Durante o transcurso do pleno ordinario, o goberno municipal non fixo unha exposición de motivos do gasto proposto. Tampouco a oposición contou co informe da Interventora municipal, que desapareceu da carpeta que foi entregada pola secretaría correspondente. Segundo a oposición, o devandito cartapacio contiña un informe negativo da Interventora sobre varios puntos do orzamento.

A polémica entre oposición e goberno non remitiuse só o tema do orzamento. O BNG criticou duramente o recoñecemento extraxudicial de crédito, por considerar que foi presentado " a pelo", sen xustificar a xeración de crédito para pagar as facturas. Por outra banda, tamén interpelou o pagamento de contas sen a debida xustificación ao mesmo tempo que a discriminación sen base legal doutras débedas que mantén a administración cos provedores. Pola súa banda, a concelleira Natalia Salgueiro (PP), contestou que as facturas se pagarán co presuposto prorrogado do 2009 (en vigor), e que o motivo do non pagamento das outras se debe a imposibilidade de crédito dispoñible.

Embed Embed this video on your site