A Central Intersindical Galega (CIG) solicitou a intervención de oficio da Delegación do Goberno , da Xunta de Galicia e a Fiscalía para que actúen de oficio no caso do afastamento das técnicas municipais do Concello de Gondomar, por parte do alcalde Martín Urgal. A través do seu Secretario Comarcal Xosé Cabaleiro González, a CiG se solidarizou coas funcionarias, " somos conscientes do acoso que dende hai meses está sendo sometido este por parte do Goberno municipal, co Sr. Alcalde ao seu fronte, como artífice, participe e encubridor".
Gondomar
A CIG esixe ás autoridades nacionais, autonómicas e xudiciais que actúen de oficio en Gondomar.
O candidato do PP Fernando Guitián afirma que a xente demanda que Urbanismo funcione.

Consultado pola situación que en materia de urbanismo vive o Concello de Gondomar,o candidato popular Fernando Guitián opinou que "os concellos ten que funcionar, porque se non o fan é malo, polo cal ten que buscar unha base legal que lles permita ir para adiante". Guitián afirmou non contar de momento cunha información detallada que lle permita opinar de xeito rotundo sobre a decisión do alcalde Martín Urgal de afastar das súas funcións en materia urbanística á Secretaria Municipal e mais á Técnica de Administración Xeral. Pero dixo que a súa filosofía é a de contar con equipos que involucren a todos: concelleiros de goberno, funcionarios e "si me apura" tamén a oposición. Mais o candidato popular admitiu que de ser certa a parálise provocada polos permanentes "informes negativos das funcionarias" en relación cos realizados polo Arquitecto Municipal "débense buscar as alternativas legais que permitan funcionar ao departamento urbanístico", porque segundo Gutián "Iso é o que demanda a xente".
A Mesa de Persoal de Gondomar denunciou novas amoestacións e inxurias ás Técnicas Municipais

Unha nova amoestación sufriu a Secretaria Municipal de Gondomar o pasado venres 25 de marzo. Esta vez le foi notificada a orden de suspensión “de toda apostila” nos documentos emitidos pola alcaldía, sobre todo en materia de urbanismo coa conseguinte imposibilidade de deixar calquera tipo de constancia. Afastada das súa responsabilidades en materia urbanística dende febreiro deste ano xunto coa Técnica de Administración a mesa sindical dos funcionarios afirmou que “Esta situación é semellante á que viviron as dúas funcionarias co goberno do Sr. Silva Mariño, cando foron requiridas para que informasen consonte a un Plan Xeral Nulo de pleno dereito “, e agregaron que “grazas a non facelo, hoxe seguen prestando servizos na Administración Pública e o Sr. Silva Mariño foi primeiro imputado e despois inhabilitado por ditos feitos.” A mesa sindical sinalou en rolda de prensa que “As actitudes do goberno e a forte presión política sobre as técnicas se volta a repetir”.
Gondomar: O Concello substituirá á labor das Técnicas Municipais de Urbanismo por unha consultoría privada

Nunha decisión que non reviste precedentes en Galicia, o Concello de Gondomar ordenou apartar das súas funcións en materia urbanística á Secretaria Xeral e á Técnica de Administración Xeral do municipio.
Logo prohibirlles "informar, requirir ou incidir na tramitación de todos os expediente de contido urbanístico", o alcalde Martín Urgal asinou un contrato por 6 meses e 2.916€ mensuais co avogado José Martínez Torea que pasará a cumprir a meirande das competencias que nesta materia tiñan as devanditas funcionarias. A medida foi cualificada como "unha prevaricación de libro" polo Bloque Nacionalista Galego, opositor ao goberno tripartito, que deu a coñecer esta información no mediodía deste venres 26 de marzo. Os nacionalistas alertaron que as resolucións e licenzas outorgadas a partir de agora "serán nulas de pleno dereito". Pola súa banda, tanto o alcalde Martín Urgal como o seu 1º tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo Alfonso de Lis non descartaron ir a máis e dar un segundo paso cun expediente contra as devanditas funcionarias acusadas por estes de "manter una actitude negativa" e responsabilizalas por "ineficacia administrativa" e "neglixencia", o que deixa ao seu entender nun " bloqueo administrativo" ao concello.
Preocupación en Morgadáns ante posible instalación dunha antena de telefonía cerca de vivendas.

Existe preocupación nun grupo de veciños e veciñas dos barios de San Roque e Filgueiras, na parroquia de Morgadáns, pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil a escasos metros das vivendas. A antena sería instalada nunha propiedade particular en réxime de alugueiro e xa estaría delimitado o perímetro da mesma indicaron os veciños ao grupo municipal do BNG. Os nacionalistas afirman que “non lle consta a día de hoxe a existencia de ningún tipo de licenza municipal ao respecto nin sequera de tramitación ningunha” pero agregan que “iso non quer dicir nada pois todos sabemos como funcionan determinadas operadoras de telefonía móbil actuando coa política de feitos consumados e sempre baixo a protección encuberta do goberno municipal de quenda.”
Esparexidos unha morea de panfletos con ataques a Fernando Guitián nas parroquias de Gondomar.

O clima político de Gondomar atópase aínda máis tenso dende a mañá do domingo cando unha morea de panfletos anónimos contendo denuncias e insultos contra Fernando Guitián, candidato a alcalde do PP, atopáronse esparexidos polas parroquias do municipio.
O feito que non é un suceso novo neste municipio miñorano, espertou tanto o rexeitamento unánime das forzas políticas do concello, así como soterradas acusacións responsabilizando a sectores radicais de diversos grupos. Pola súa banda, Fernando Guitián afirmou que ante todo sente "tristeza por este tipo de cousas", e manifestou estar convencido que detrás de todo isto atópanse motivacións antidemocráticas. O candidato popular recibiu telefonicamente e por escrito a solidariedade dos seus pares do PSOE e o BNG.
Pepe Valverde (BNG): "sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais."
Para Pepe Valverde, responsable local do BNG Gondomar un dos primeiros obxectivos do futuro equipo nacionalista de Xosé Antón Araúxo en caso de ser goberno será " a de sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais." As declaracións, feitas nun escrito aos medios onde se anuncia o acto de presentación das candidaturas, agrega que o obxectivo da recuperación da alcaldía é para encamiñar "de novo a Gondomar na senda da normalidade democrática e do progreso, normalizando a vida municipal e institucional para poder avanzar en tempos de crise"
O PSOE Gondomar presenta o equipo de Francisco "Paco" Ferreira de cara ás municipais 2011.

O PSOE Gondomar fixo pública a súa lista de candidatos ao Concello de Gondomar e máis a Entidade Local Menor de Morgadáns. Os socialistas preséntanse "cunha candidatura integramente renovada, composta por homes e mulleres de Gondomar e dispostos a afrontar o reto de gobernar o concello", afirma Francisco "Paco" Ferreira González, candidato a alcalde pola agrupación. Dende xullo de 2009 os socialistas quedaron sen representantes na corporación municipal logo da expulsión dos concelleiros Alfonso De Lis, Manuel Gómez Teresa Pereira Capel e mais José Carlos Cabaleiro, logo que estes apoiaran a moción de censura proposta polo PP coa conseguinte ruptura do bipartito (alianza PSOE-BNG), e a caída do rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo. “Nos cumprimos, limpamos e renovamos o proxecto e as ideas, agora tócalles ós demais facelo”, afirma Francisco Ferreira na presentación da lista.
De Chaín a Gondomar: unha viaxe moi perigosa.

Son moitas as persoas que de forma cotiá deben desprazarse a pé dende a parroquia de Chaín ata a vila de Gondomar. Un desprazamento que día a día convértese nun grave desafío para os peóns que deben facelo nunha estrada estreita que carece de beirarrúas, de arcén, e de calquera espazo físico para o seu tránsito, e que xa acumula graves accidentes. Esta estrada a EP-2302 que vai de Gondomar a Morgadáns é de propiedade provincial e atravesa a parroquia de Chaín. Os veciños xuntaron mais de 800 sinaturas denunciando este feito e presentáronllas na Deputación de Pontevedra co fin de que as autoridades atendan un reclamo que xa leva tempo nesa administración.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL