- Para obter cita previo débese chamar ao teléfono 881920981.
A estación da ITV situarase no aparcadoiro da zona de Ánimas dende este martes 17 ata o vindeiro xoves 27 de febreiro. A revisión está autorizada para vehículos de menos de 3500 kg de MMA, segundo comunica o Concello de Gondomar. Para obter cita previa débese comunicar co teléfono 881920981.
Gondomar
Unha estación móbil da ITV ficará en Gondomar dende o 17 ao 27 de febreiro.
A Policía Nacional detén un presunto narcotraficante en Gondomar.
-A intervención, segundo explica a Policía Nacional, formou parte dun operativo para desarticular unha banda de narcotraficantes que vendía grandes cantidades de estupefacientes en Galicia.
-A actuación desenvolvida esta semana, permitiu aos axentes capturar a outras nove persoas que formaban parte da banda nos concellos de Meaño, O Grove e Monforte de Lemos.
-Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte, útiles para a súa manipulación, así como bens por valor de máis de 120 mil euros.
Segunda da conta a Policía Nacional, os seus axentes desarticularon unha banda de narcotraficantes que vendía varios tipos de sustancias ilegais en Galicia. En total foron arrestadas 15 persoas, cinco delas o pasado decembro na primeira fase da operación, as cales formaban parte da cúpula da organización. Esta mesma semana foron detidas outras 10 persoas nas localidades de Meaño, O Grove, Gondomar e Monforte de Lemos. Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte e útiles necesarios para a súa manipulación e bens por valor de máis de 120.000 euros.
Detido pola Garda Civil un veciño de Gondomar como suposto autor dun atraco en Tui.
A Garda Civil detivo o venres a R.C.R.R. de 38 anos de idade e veciño de Gondomar como suposto autor dun roubo nun establecemento hostaleiro de Tui. Os feitos tiveron lugar nun restaurante do concello o pasado día 5 de febreiro cando un home entrou no lugar cun casco de motocicleta e un coitelo, segundo da conta La Voz de Galicia. Segundo a versión tras intimidar á dependenta levouse os cartos gardados na caixa rexistradora.
O Concello de Gondomar delega a xestión e recollida do lixo na Deputación coa oposición de ANOVA e o PSOE.
-Coa suma do voto do independente Manuel Gómez (IXG) o goberno en minoría de Gondomar saca adiante un convenio marco que delegará na Deputación a xestión e fixación de taxas da recollida do lixo.
-Antonio Araújo (ANOVA) : “A partires de agora cando un veciño veña a interesarse ou a queixarse ou informarse ou a pedir que lle poñan un colector, dende o concello o Sr.Gutián diralle: vaia vostede a Pontevedra”.
-Paco Ferreira (PSOE) “El convenio aprobado es por tiempo indifinido, lo que podría ser nulo de pleno derecho, pero que sin lugar a dudas es una carta en blanco a la diputación "sine die" en detrimento de los vecinos de Gondomar”.
Apagóns Gondomar: “Nos últimos 45 días lévanse cando menos 5 cortes” por deficiencias do servizo denuncia o BNG.
- Os cortes de luz en Gondomar estanse a producir fundamentalmente nas parroquias de Peitieiros, Couso, Morgadáns e Chaín. “Nos últimos 45 días lévanse cando menos 5 cortes”, advirten os nacionalistas. Sinalan que ás veces coinciden coas treboadas pero noutras acontece “con simplemente catro pingas e cunha brisa lixeira”.
O BNG denuncia que varias parroquias de Gondomar volven sufrir continuos cortes de luz. Sinalan que neste concello, todos os anos hai cortes de luz no inverno, coincidindo coas treboadas. Mais o acontecido nos últimos días “aseméllase á situación vivida hai dez anos, en que chegou a haber cortes de varios días”.
O BNG pide ao pleno de Gondomar que se posicione en favor da igualdade con motivo do 8 de marzo
-Presentan unha moción no Concello de Gondomar pedindo a derrogación das leis galegas que discriminan ás mulleres e o rexeitamento á reforma da Lei do aborto
O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar rexistrou unha moción no Concello para solicitar que a corporación municipal manifeste o seu total rexeitamento á reforma da actual lei do aborto, e que inste á Xunta de Galiza a retirar as leis galegas de apoio á muller embarazada e de apoio á familia e á convivencia, por non dotaren de servizos nin recursos ás mulleres que queren exercer o seu dereito á maternidade e por suporen un retroceso de décadas na igualdade.
Gondomar: Vías e Obras patrulla o municipio para facer fronte aos danos provocados pola treboada.
-O Concello de Gondomar emite un comunicado con advertencias e recomendacións aos viandantes e condutores que transiten polas estradas do municipio.
-Reportan que nestes días lévanse retirado un total de sete muros derribados polo vento, así como numerosas árbores que cortaban varios camiños do municipio
O temporal que azouta a comarca estes días está a causar graves danos que segundo informan dende o Concello de Gondomar, ten afectado diversas zonas verdes e estradas. Por mor disto, a brigada de Vías e Obras do Concello de Gondomar está a traballar e patrullar por diversos puntos do municipio para facer fronte a posibles imprevistos
ANOVA-Gondomar: “ hai fundadas sospeitas de que a veciñanza siga tendo que pagar a contribución inxustamente durante moitos anos”.
-ANOVA reclamará ao Concello facilitar documentación aos veciños que están a pagar contribucións “inxustas” pola falla de actualización catastral que sofre Gondomar.
Desde ANOVA sinalan que trala anulación en 2005 do PXOM de Gondomar, a Dirección Xeral de Catastro non ten aínda axeitados os datos catastrais ás normas que actualmente rexen no concello. Situación que provoca que algúns veciños estean a pagar unha contribución (IBI) “inxusta” segundo ten constatado os nacionalistas. Por iso solicitarán no pleno de este xoves que o goberno municipal poña a disposición da veciñanza toda a documentación necesaria para que os interesados podan efectuar as súas reclamacións ante a Dirección Xeral do Catastro.
Será retirada unha pintada con incitación á violencia machista na vila de Gondomar.
O preocupante agromar de actitudes machistas nas relacións de parella, especialmente na mocidade, será un dos principais temas a debater no vindeiro Consello Municipal da Muller a desenvolverse en Gondomar. O problema será posto enriba da mesa pola representación do BNG que ven de solicitar ao Concello de Gondomar a retirada dunha pintada de claro contido "posesivo e ameazante", das inmediacións do Campo das Cercas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL